Vilaboa, Rutis, Culleredo

lugar da parroquia de Rutis, no concello de Culleredo, Galicia

Vilaboa é un lugar da parroquia de Rutis no concello coruñés de Culleredo na Comarca da Coruña. Vilaboa é o núcleo principal da parroquia de Rutis. Tiña 3152 habitantes no ano 2016 segundo datos do INE dos cales 1509 eran homes e 1643 mulleres.

Vilaboa

Vista de Vilaboa en 2013.
ParroquiaRutis
ConcelloCulleredo
Coordenadas43°18′42″N 8°22′57″O / 43.311527777778, -8.3825277777778Coordenadas: 43°18′42″N 8°22′57″O / 43.311527777778, -8.3825277777778
Poboación3152 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]
Vilaboa, Culleredo.

Esténdese ao longo do percorrido da estrada N-550 desde o núcleo da Corveira até o aeroporto de Alvedro.Existen probas do seu poboamento desde a época romana. Actualmente experimenta un acusado desenvolvemento urbano.

Topónimo editar

Un escrito de 1186 cita ao lugar como Villam Bonam[1]:

illas zenias quas fecistis iuxta Burgum de Faro in rivulum qui discurrit iuxta Villam Bonam.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Rutis editar

Lugares da parroquia de Rutis no concello de Culleredo

Acea de Ama | Castro | Conduzo | Cordeda | A Corveira | Fonteculler | A Laxe | O Portádego | Vilaboa

Parroquias de Culleredo editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Culleredo

Almeiras (San Xián) | O Burgo (Santiago) | Castelo (Santiago) | Celas (Santa María) | Culleredo (Santo Estevo) | Ledoño (San Pedro) | Orro (San Salvador) | Rutis (Santa María) | Sésamo (San Martiño) | Sueiro (Santo Estevo) | Veiga (San Silvestre)

Notas editar

  1. Navaza, Gonzalo (2004). Universidade da Coruña, eds. "Os topónimos Acea de Ama e O Xurés". Revista Galega de Filoloxía 5: 141–162. ISSN 1576-2661. doi:10.17979/rgf.2016.17.0.1873. Na páxina 143 recolle a cita do documento que fai A. del Castillo en «Notas a la historia antigua de La Coruña» en 1948, páx. 48. dun documento histórico.