A Vila Tugendhat é considerada unha obra mestra do arquitecto alemán Ludwig Mies van der Rohe. Construída no 1930 en Brno, na actual República Checa, por encargo de Fritz Tugendhat e a súa muller Greta, pronto se converteu nunha icona da arquitectura moderna.

Vila Tugendhat
Vista da Vila Tugendhat.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísRepública Checa República Checa
LocalizaciónCoordenadas: 49°12′26″N 16°36′57″L / 49.207222222222, 16.615833333333
TipoCultural
CriteriosII, IV
Inscrición2001 (25ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1052

Historia e características editar

O custo da súa construción foi moi alto debido ao infrecuente método de construción, os materiais luxosos, unha tecnoloxía de calefacción moi moderna, a ventilación etc. É tamén bastante grande para unha casa familiar, feito que pode non percibir o visitante ocasional posto que a elegante simplicidade das habitacións usadas pola familia é compensada por un espazo moi grande ocupado por habitacións utilitarias.

Fritz e Greta Tugendhat, que eran xudeus, deixaron Checoslovaquia cos seus fillos en 1938, pouco despois de que o país fose desmembrado segundo o acordo de Múnic. Non volveron nunca. A casa tivo varios usos prácticos durante as décadas posteriores á segunda guerra mundial e en 1992 os líderes políticos de Checoslovaquia se reuniron nela para asinar o documento que dividía formalmente ao país nos actuais estados da República Checa e Eslovaquia. Dende 1994 a vila está aberta ao público como museo administrado pola cidade de Brno.

A vila Tugendhat foi designada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2001.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar