Viktor Onopko

futbolista ruso

Víktor Savélievich Onopko, nado o 14 de outubro de 1969 en Luhansk é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol ucraíno con nacionalidade rusa que xogaba na demarcación de defensa. No seu momento foi considerado como un dos mellores de Europa na súa posición.

Víktor Onopko
Información persoal
Nome Víktor Savélievich Onopko
Nacemento 14 de outubro de 1969 (54 anos)
Lugar de nacemento Luhansk
Altura 1.89 m
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1988–1991 Shakhtar Donetsk‎ 48 (1)
1992–1995 Spartak Moscova 108 (23)
1995–2002 Real Oviedo 217 (8)
2002–2003 Rayo Vallecano 28 (1)
2003 Alania Vladikavkaz
2004–2006 Saturn
Selección nacional
1992 Selección de fútbol da CEI 4 (0)
1992–2004 Rusia 109 (7)
Adestrador
2009– CSKA Moscova (asistente)
Na rede
UEFA: 46053 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O seu primeiro club profesional foi o FC Shakhtar Donetsk‎ con apenas 19 anos, tres anos despois fichou polo Spartak Moscova, sendo unha peza clave no equipo que gañou tres tempadas seguidas a Liga rusa e alcanzou as semifinais da Liga de Campións. Militando no Spartak gañou o premio ao futbolista ruso do ano en 1993 e 1994.

En 1995 fichou polo Real Oviedo, onde militou sete anos. En 2002 fichou polo Rayo Vallecano antes de deixar a Liga Española ao ano seguinte. Retirouse en 2006 tras xogar na Liga rusa no FC Alania Vladikavkaz e no FC Saturn.

No ano 2007 asumiu o cargo de Director Deportivo da Unión de fútbol de Rusia, posto que desempeñou ata 2009, cnado pasou a ser segundo adestrador do PFC CSKA Moscova, por aquel entón dirixido por Juande Ramos.

Véxase tamén editar