Viggo Mortensen

actor estadounidense

Viggo Peter Mortensen Jr.,[1] nado en Manhattan (Nova York) o 20 de outubro de 1958,[2] é un actor estadounidense. Fixo o seu debut no cinema cun pequeno papel no filme de suspense de Peter Weir Testemuña única (1985). Apareceu en varios filems notables, entre eles The Indian Runner (1991), Carlito's Way (1993), Crimson Tide (1995), Daylight (1996), The Portrait of a Lady (1996), G.I. Jane (1997), Un crime perfecto (1998), A Walk on the Moon (1999) e 28 Days (2000).

Infotaula de personaViggo Mortensen

(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Viggo Peter Mortensen Editar o valor em Wikidata
20 de outubro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Watertown, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaArxentina (–1969)
Copenhague
Nova York
Venezuela
Esbjerg (pt) Traducir
Dinamarca
Estados Unidos de América
España Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Dinamarca Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt. Lawrence University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema , produtor , pintor , actor de televisión , músico de jazz , produtor de cinema , director de cinema , compositor , escritor , actor , cantante , fotógrafo , poeta , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoWéstern Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua castelá, lingua italiana, lingua dinamarquesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz e Teclado Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeExene Cervenka (pt) Traducir (1987–1998) Editar o valor em Wikidata
ParellaAriadna Gil (2009–) Editar o valor em Wikidata
PaisViggo Peter Mortensen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Grace Gamble Atkinson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001557 Allocine: 14369 Rottentomatoes: celebrity/viggo_mortensen Allmovie: p50903 TCM: 136201 Metacritic: person/viggo-mortensen TV.com: people/viggo-mortensen
Musicbrainz: 44b3288f-c16f-430d-81dd-545cf3d2963f Discogs: 556528 Allmusic: mn0000213138 WikiTree: Mortensen-504 Editar o valor em Wikidata

Mortensen acadou a fama internacional coa súa interpretación de Aragorn na triloxía fantástica The Lord of the Rings (2001–2003). Obtivo eloxios polas súas colaboracións co cineasta David Cronenberg nos filmes de suspense A History of Violence (2005), Eastern Promises (2007), polo cal foi nomeado ó Óscar ó mellor actor, e A Dangerous Method (2011).[3] Obtivo de novo nomeamentos aos premios da Academia polos seus papeis principais como pai anarquista en Captain Fantastic (2016) e como Tony Lip en O libro verde (2018). Mortensen fixo o seu debut como director con Falling (2020), o cal tamén protagonizou.

Ademais da actuación, Mortensen explorou as belas artes, a fotografía, a poesía e a música. En 2002, fundou Perceval Press para publicar tanto as súas obras como as de artistas e autores pouco coñecidos. Mortensen cantou e compuxo parte da banda sonora de The Lord of the Rings e colaborou co guitarrista Buckethead en varios álbums.

Traxectoria editar

Mortensen naceu na cidade de Nova York o 20 de outubro de 1958,[2] fillo de Grace Gamble (nada Atkinson; 8 de xullo de 1928 – 25 de abril de 2015) e Viggo Peter Mortensen Sr. (8 de maio de 1929 – 2 de marzo de 2017). A súa nai era estadounidense, mentres que seu pai era dinamarqués. Coñecéronse en Noruega.[4] O seu avó materno era canadense de Nova Escocia. A súa avoa parterna era de Trondheim, en Noruega.[5][6]

Filmografía editar

Ano Filme Papel Notas
1985 Testemuña única Moses Hochleitner
The Purple Rose of Cairo
1987 Salvation! Jerome Stample
1988 Prison Burke/Forsythe Electrocution
Fresh Horses Green
1990 Once in a Blue Moon Telefilme
Tripwire Hans
Leatherface: The Texas Chainsaw Massacre III Tex
Young Guns II John W. Poe
The Reflecting Skin Cameron Dove
1991 The Indian Runner Frank Roberts
1993 Boiling Point Ronnie
Ruby Cairo John E. "Johnny" Faro
Carlito's Way Lalin
The Young Americans Carl Frazer
1994 The Crew Phillip
Floundering Home sen teito
Gospel According to Harry Wes
American Yakuza Nick Davis/David Brandt
1995 Gimlet Home
Crimson Tide Tenente Peter "WEAPS" Ince
The Passion of Darkly Noon Clay
Black Velvet Pantsuit Worthless Junkie
Anxos e demos Lucifer
1996 Albino Alligator Guy Foucard
Daylight Roy Nord
The Portrait of a Lady Caspar Goodwood
1997 Vanishing Point Jimmy Kowalski Televisión
G.I. Jane John James "Jack" Urgayle
My Brother's Gun Juanito
1998 Un crime perfecto David Shaw
Psycho Samuel "Sam" Loomis
1999 A Walk on the Moon Walker Jerome
2000 28 Days Eddie Boone
2001 O Señor dos Aneis: A Irmandade do Anel Aragorn
2002 O Señor dos Aneis: As Dúas Torres
2003 O Señor dos Aneis: O Regreso do Rei
2004 Hidalgo Frank Hopkins
2005 A History of Violence Tom Stall/Joey Cusack
2006 Alatriste Diego Alatriste y Tenorio
2007 Eastern Promises Nikolai Luzhin
2008 Slacker Uprising El mesmo
Appaloosa Everett Hitch
Good John Halder
2009 Reclaiming the Blade El mesmo
The People Speak El mesmo Documental
The Road O Home
2011 A Dangerous Method Sigmund Freud
On the Road Old Bull Lee

Vida persoal editar

 
Viggo Mortensen no Festival Internacional de Cinema de Venecia de 2009.

Mortensen estivo casado durante dez anos (de 1987 a 1997) coa música e artista estadounidense Exene Cervenka, cantante do grupo punk X, con quen tivo o seu fillo Henry Blake en 1988. Logo do divorcio da parella, a custodia do seu único fillo quedou compartida. En 2009, os medios difundiron a súa relación coa actriz española Ariadna Gil, compañeira de elenco en Alatriste e en Appaloosa.[7][8]

O 20 de novembro de 2023, participou no certame de poesía Ciclo Poetas Di(n)versos da Coruña, onde recitou poemas seus en galego.[9]

Notas editar

  1. Nielsen, Marie Ravn (23 de outubro de 2010). "Viggo Mortensen slået til ridder". DR (en dinamarqués). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2022. Consultado o 21 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "UPI Almanac for Tuesday, Oct. 20, 2020". United Press International. 20 de outubro de 2020. Consultado o 21 de maio de 2021. ...actor Viggo Mortensen in 1958 (age 62)... 
  3. " Flawed father role a test for Viggo Mortensen" Arquivado 16 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. Toronto Star, Michael O'Sullivan, 16 de xullo de 2016.
  4. "Viggo Mortensen gets nude for 'Eastern Promises' fight scene". HamptonRoads.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. 
  5. "St. Lawrence University: Commencement". stlawu.edu. 21 de maio de 2006. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2011. Consultado o 23 de febreiro de 2011. 
  6. "Film: Viggo Mortensen magret seg ned 15 kilo for drømmerollen VG Nett". Vg.no. 20 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2010. Consultado o 9 de maio de 2010. 
  7. "Viggo Mortensen y Ariadna Gil pasean su amor por las calles de Madrid". 20 minutos. 11 de novembro de 2010. Consultado o 11 de novembro de 2010. 
  8. "Ariadna Gil y Viggo Mortensen: amor a primera vista". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2012. 
  9. "Viggo Mortensen fala galego e a poesía enche auditorios: o actor protagonizou o ciclo Poetas Di(n)versos". Praza Pública. 21 de novembro de 2023. Consultado o 23 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar