Victorio Spinetto

futbolista arxentino

Victorio Luis Spinetto, nado o 3 de xuño de 1911 en Buenos Aires e finado o 28 de agosto de 1990 foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.

Victorio Spinetto
Información persoal
Nome Victorio Luis Spinetto
Nacemento 3 de xuño de 1911
Lugar de nacemento Buenos Aires
Falecemento 28 de agosto de 1990
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1932 CA Platense 7 (1)
1932-1941 Vélez Sársfield 210 (45)
1938-1939 CA Independiente 16 (3)
Total 233 (49)
Selección nacional
1934-1936 Selección de fútbol da Arxentina
Adestrador
1942-1956 Vélez Sársfield
1956-1959 CA Atlanta
1959 Selección de fútbol da Arxentina
1960-1961 Selección de fútbol da Arxentina
1962-1963 Argentinos Juniors
1970 Racing Club
1971 Racing Club
1972-1973 Argentinos Juniors
1973-1976 Ferro Carril Oeste
1978 Argentinos Juniors
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Coma xogador editar

Debutou profesionalmente no Vélez Sársfield en 1932, onde xogou practicamente toda a súa carreira a excepción de case dous anos no CA Independiente. En 1941 vese obrigado a retirarse a causa dunha lesión grave tras o descenso ese mesmo ano de Vélez á Segunda División por primeira vez na súa historia.

Foi internacional coa Selección de fútbol da Arxentina entre os anos 1934 e 1936.

Pese a xogar en posicións atrasadas, defensa ou centrocampista defensivo, tiña unha gran capacidade goleadora, anotando 45 goles en Vélez, incluíndo catro nun só encontro, ante Chacaritas Juniors.

Coma adestrador editar

Pouco despois de retirarse comezou a dirixir ao Vélez Sársfield, devolvendo o equipo á Primeira División en 1943 e dirixindoo durante catorce anos consecutivos. Estivo a piques de acadar o título de Liga en 1953.

Ademais doutros equipos tanto da máxima categoría do fútbol arxentino como doutras división tamén dirixiu á Selección de fútbol da Arxentina, coa que acadou o título da Copa América en 1959 sen perder ningún encontro.

Nos últimos anos adicousa ás categorías inferiores do club da súa vida, Vélez Sársfield.

Palmarés editar

Como xogador editar

Co CA Independiente

  • Campión da Liga arxentina (1): 1938.

Como adestrador editar

Ca selección arxentina

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar