Victoria Libertas Pesaro

O Victoria Libertas, oficialmente Unione Sportiva Victoria Libertas Pallacanestro e por motivos de patrocinio Carpegna Prosciutto Basket Pesaro, é un club de baloncesto profesional italiano con sede na cidade de Pesaro, As Marcas. O club compite actualmente na Lega Basket Serie A, máxima categoría do baloncesto transalpino. O equipo é popularmente coñecido en Europa como Scavolini Pesaro debido ao seu histórico patrocinador Scavolini (de 1975 a 2014), unha empresa adicada ao deseño e manufacturación de cociñas, cuxo co-fundador, Valter Scavolini, era presidente do club. Actualmente é coñecido como Consultivest Pesaro.

Carpegna Prosciutto Pesaro
Información xeral
Liga LBA
Alcume VL, Vuelle
Fundación 1946
Cores           Vermello, branco
Presidente Italia Ario Costa
Adestrador Italia Luca Banchi
Patrocinador Carpegna Prosciutto
Localización
Cidade Italia Pesaro, Italia
Pavillón Vitrifrigo Arena
Capacidade 10 323
Inauguración 1996
Campionatos
Recopa 1 (1983)
Liga 2 (1988, 1990)
Copa 2 (1985, 1992)
victorialibertas.it

Fundado en 1947, o club viviu os seus mellores tempos nos anos 1980 e comezos dos anos 1990, nos que gañou dúas Ligas, dúas Copas, ademais de disputar tres finais da Recopa de Europa de Baloncesto, a cal consegui gañar en 1983. O VL xoga os seus encontros como local no Vitrifrigo Arena, o terceiro maior pavillón cuberto de Italia ao poder albergar 10 323 espectadores.

Historia editar

O Vitoria Libertas foi fundado oficialmente en 1946, tendo a súa mellor época nos anos 1980. Despois de estar entre os mellores equipos de Italia durante décadas, o Vitoria Libertas gañou o seu primeiro trofeo importante en 1983, a Recopa de Europa. Desde entón, gañou a liga italiana en dúas ocasións (1988 e 1990) e a copa noutras dúas ocasións (1985 e 1992). Nos últimos anos, o Vitoria Libertas estivo entre os mellores equipos de Europa ao xogar a Euroliga en 2001–02 e 2004–05. De feito, na temporada 2004–05 chegou inesperadamente aos cuartos de final, sendo derrotado polo eventual campión Maccabi Tel Aviv. Por outra banda, o escolta do Vitoria Libertas Charles Smith, foi honrado co primeiro Trofeo Alphonso Ford ao máximo anotador da competición. O propio Alphonso Ford xogara a temporada anteior no Vitoria Libertas, antes de falecer por mor da leucemia. O propio Smith fora fichado para substituír o falecido xogador estadounidense.

Patrocinios editar

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Benelli Pesaro (1952–58)
  • Lanco Pesaro (1958–61)
  • Algor Pesaro (1961–63)
  • Butangas Pesaro (1966–69)
  • Frizz Pelmo Pesaro (1969–70)
  • Tropicali Pesaro (1970–71)
  • Maxmobili Pesaro (1971–75)
  • Scavolini Pesaro (1975–2014)
  • Consultinvest Pesaro (2014–2017)
  • Carpegna Prosciutto Pesaro (2019–presente)

Palmarés editar

Competitions locais editar

Liga de Italia

  • Campións (2): 1988, 1990

Copa de Italia

  • Campións (2): 1985, 1992

Competitions europeas editar

Copa Saporta

  • Campións (1): 1983
  • Subcampións (2): 1986, 1987

Copa Korać

  • Subcampións (2): 1990, 1992

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar