Victoria Donda

política arxentina

Victoria Donda Pérez, nada en Bos Aires en agosto de 1977, é unha activista de dereitos humanos arxentina elixida en 2007 como deputada nacional polo Frente para la Victoria. É a primeira filla de desaparecidos nacidos en cativerio e recuperados que é elixida como representante.

Infotaula de personaVictoria Donda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Escuela de Mecánica da Armada (CCD), Arxentina Editar o valor em Wikidata
Membro da Câmara dos Deputados da Argentina (pt) Traducir
10 de decembro de 2015 – 9 de decembro de 2019
Circunscrición electoral: Buenos Aires
Membro da Câmara dos Deputados da Argentina (pt) Traducir
10 de decembro de 2011 – 9 de decembro de 2015
Circunscrición electoral: Buenos Aires
Membro da Câmara dos Deputados da Argentina (pt) Traducir
10 de decembro de 2007 – 9 de decembro de 2011
Circunscrición electoral: Buenos Aires
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogada , Activista polos dereitos humanos , política Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNational Institute Against Discrimination, Xenophobia and Racism (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoSomos (en) Traducir (2018–)
Freemen of the South Movement (en) Traducir (–2018) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webvictoriadonda.com.ar Editar o valor em Wikidata
Facebook: vikidonda Twitter: vikidonda Instagram: vikidonda Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

O seu secuestro editar

Victoria Donda naceu en agosto de 1977 na ESMA de Bos Aires, onde estaba cativerio a súa nai, María Hilda Pérez de Donda, logo de ser secuestrada polas Forzas Armadas no Gran Bos Aires durante a ditadura autodenominada Proceso de Reorganización Nacional. A nena foi chamada Victoria pola súa nai, quen lle perforou os lóbulos pasándolle unha cinta azul, na esperanza de que fose recoñecida. O seu pai, José María Laureano Donda, tamén foi secuestrado e ambos permanecen desaparecidos. A parella tiña outra filla máis vella, que quedou un ano coa avoa materna, Leontina Pérez, unha das doce mulleres fundadoras da Asociación Avoas de Praza de Maio.

Logo de que a súa nai fose asasinada clandestinamente, a nena foi apropiada por un dos militares que actuaban no centro clandestino de detención, quen a criou simulando que el e a súa esposa eran os seus verdadeiros pais.

O caso da nena é especialmente atroz, porque o seu tío, o tenente de navío Adolfo Miguel Donda Tigel (irmán do seu pai), foi un dos xefes represores da ESMA e partícipe no secuestro, tortura e asasinato dos seus pais e da súa posterior apropiación e subtracción de identidade, así como do da súa irmá Daniela, quen foi criada como filla do seu tío.

Recuperación da identidade editar

En 2003, cando contaba con 26 anos, Victoria Donda, dubidando da súa identidade comunicouse coa agrupación H.I.J.O.S. e as Avoas de Praza de Maio. Con todo, aínda sabendo que era filla dunha muller desaparecida na ESMA, durante un tempo tivo reticencias en realizarse os estudos de ADN e descubrir a totalidade da súa historia atroz. O 24 de marzo de 2004 cando a ESMA foi recuperada para establecer un centro de memoria, Victoria Donda estivo alí:

Me di cuenta que sabía que había nacido ahí, pero que no estaba segura de quién era hija. Fue emocionante, pero a la vez fue triste. Pensaba: ‘Esta mina tuvo tantos ovarios para quedar embarazada, seguir peleando por la misma sociedad por la que peleo yo, bancarse la tortura para que yo pueda nacer y yo soy una cagona que ni siquiera puedo ir a sacarme un poco de sangre’. Sentí que no era digna de los padres que había tenido.[1]

Unha semana despois fíxose o estudo xenético que estableceu a súa verdadeira identidade. Tratouse da primeira "irmá" recuperada por H.I.J.O.S. e a neta Nº 78 atopada polas Avoas. Pouco despois o apropiador foi detido e atópase sendo procesado, xunto a Alfredo Astiz e outros acusados, por 62 crimes contra a humanidade.

Activismo polos dereitos humanos editar

Desde antes de coñecer a súa identidade Victoria Donda comezou a actuar destacadamente no movemento de dereitos humanos e do Movimiento Libres del Sur. Traballou primeiro no comedor comunitario "Azucena Villaflor", nome da fundadora de Nais de Praza de Maio.

Concelleira de Avellaneda e deputada nacional editar

En 2006 Victoria Donda foi elixida concelleira na Municipalidade de Avellaneda.

En 2007 foi elixida deputada nacional polo Frente para la Victoria, comezando o seu mandato o 10 de decembro de 2007.

"Familia de sangre" (documental) editar

O documental Familia de sangre, dos cineastas Gustavo Bobbio e Daniel Ortiz, relata a historia de Victoria Donda.[2]

Notas editar

  1. "Victoria Donda Pérez, por Victoria Guinzberg, COMCOSUR". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2008. Consultado o 12 de novembro de 2007. 
  2. "La historia de Victoria Donda, por Martín Piqué, Páxina/12, 2006". Arquivado dende o orixinal o 08/11/2007. Consultado o 12/11/2007. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar