Victor Grignard

químico francés

Francois Auguste Victor Grignard, nado en Cherburgo o 6 de maio de 1871 e finado en Lión o 13 de decembro de 1935, foi un químico e profesor universitario francés, máis coñecido como Victor Grignard. En 1912 recibiu o Premio Nobel de Química.

Francois Auguste Victor Grignard
Victor Grignard
Datos persoais
Nacemento6 de maio de 1871
LugarCherburgo-Octeville Francia
Falecemento13 de decembro de 1935
LugarLión Francia
Soterradosen etiquetar
Residencia Francia
NacionalidadeFrancés
EtniaPobo francés
CónxuxeAugustine Marie Boulant
Actividade
CampoQuímica orgánica
Alma máterUniversidade de Lión
Director de tesePhilippe Barbier
Contribucións e premios
Coñecido porReactivo de Grignard
Premios
  • Premio Nobel de Química (1912)
  • editar datos en Wikidata ]

    Traxectoria editar

    Fillo dun obreiro dos estaleiros de Cherbourgo, Victor Grignard estudou na Facultade de Ciencias da Universidade de Lión. Alcanzou o grao de Doutor en Ciencias en 1901, sendo profesor de química na mesma universidade ata 1909. De 1910 a 1919 ensinou na Universidade de Nancy, volvendo novamente á de Lión, onde ensinaría de 1919 a 1935.

    Durante a primeira guerra mundial foi mobilizado e encargado da vixilancia das vías férreas, antes de participar na procura de gases militares (fosgeno e o gas mostaza) e explosivos.

    Investigacións científicas editar

    O seu descubrimento máis importante foi o dos compostos organomagnesianos, chamados reactivos de Grignard. Este descubrimento proporcionou á química orgánica un método novo de síntese que se coñece co nome de reacción de Grignard.

    En 1912 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química polos seus estudos na química dos alcois mediante a reacción Grignard. A outra metade do premio recaeu en Paul Sabatier polo seu método de hidroxenación de compostos orgánicos en presenza de metais.

    O 7 de xuño de 1926, foi elixido membro non residente da Academia de Ciencias francesa.

    Baixo a súa dirección e con grandes achegas súas, foi editado o Traité de chimie organique (Tratado de química orgánica, 23 vols., 1935-1954).

    Véxase tamén editar

    Ligazóns externas editar

    Predecesor:
    Marie Curie
    Premio Nobel de Química
     

    1912
    con
    Paul Sabatier
    Sucesor:
    Alfred Werner