Vicente Palmaroli

pintor español (1834-1896)

Vicente Palmaroli González, nado en Zarzalejo (Madrid) o 5 de setembro de 1834 e finado en Madrid o 25 de xaneiro de 1896, foi un pintor español do período romántico que evolucionou cara á pintura de xénero costumista na liña de Mariano Fortuny.[1]

Infotaula de personaVicente Palmaroli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Vicente Palmaroli González Editar o valor em Wikidata
5 de setembro de 1834 Editar o valor em Wikidata
Zarzalejo, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xaneiro de 1896 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Justo de Madrid Editar o valor em Wikidata
Director of Museo del Prado (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor em Wikidata
MovementoOrientalismo Editar o valor em Wikidata
AlumnosJosé Alcázar Tejedor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiGaetano Palmaroli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Gaetano Palmaroli, pintor e litógrafo italiano, sucedeuno á súa morte (1853) na praza de litógrafo do departamento que baixo os auspicios de Francisco de Agarrades creouse no Museo do Prado co apoio de José Madrazo. Dende 1848, estudou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando,[2] onde tivo como profesores a Federico de Madrazo e a Pérez Villamil.

En 1857 marchou a Roma, e formou parte do grupo de pintores pensionados españois que se reunían no Café Greco (Luís Álvarez Catalá, Dióscoro Puebla, José Casado del Alisal, Rosales, Mercadé, Fortuny, Alejo Vera y Estaca entre outros). Durante esa estancia, conseguiu a medalla de primeira clase na Exposición Nacional de 1861 polo Sermón de la capilla Sixtina.[3] En 1862, presentou dúas obras realizadas en Italia á exposición Nacional de Belas Artes de Madrid, obtendo medalla de primeira clase con Pacuccia, retrato dunha campesiña napolitana, e medalla de segunda clase por Sacra Conversazione. Durante esa época dedica gran parte da súa actividade ao retrato (Sofía Reboulet, esposa do pintor, Retrato de la infanta Isabel de Borbón, Retrato de Amadeu I de Savoia, Retrato de Antonio Alcalá Galiano). De novo, volveu en 1863 e permaneceu alí até 1866.

Ao regresar en 1866, estableceuse en Madrid, onde casou. En 1867 acudiu, coa delegación española, á Exposición Universal de París, onde coñeceu ao pintor realista Ernest Meissonier, que influíu nos seus cadros posteriores.

En 1871, obtivo outra primeira medalla coa obra Los enterramientos de la Moncloa el 3 de mayo de 1808. Da súa pintura costumista cabe destacar dous cadros realizados en 1883: El concierto e Confesión (cuxa figura masculina é o fillo do pintor, Vicente Palmaroli Reboulet, á idade de 14 anos, nas praias de moda da costa de Trouville). En 1872 foi admitido como académico de número na Real Academia de Belas Artes de San Fernando.[4] Un ano despois, installouse en París como pintor de tableautin e, posteriormente, trasladouse a Roma ao ser nomeado director da Real Academia Española de Belas Artes, até ser sucedido en 1891 por Alejo Vera y Estaca.

Director do Museo do Prado editar

Palmaroli foi director do Museo do Prado desde 1894 até a súa morte en 1896[2]. Durante a súa xestión creouse unha comisión ["Doazóns"] do Museo presidida polo director, secretario e un restaurador conservador, para que en adiante, as obras "doadas" ao Museo fosen examinadas para aceptar ou rexeitar a súa admisión, a fin de controlar a calidade destas. Promoveu obras de mantemento, de reparación e de melloras do edificio en xeral, ordenou substituí-las cubertas de madeira por outras metálicas, pero a instalación da calefacción quedou en suspenso ao non dispor de fondos.

Baixo a dirección do arquitecto Fernando Arbós realizouse un proxecto para proceder a instalar as vivendas dos empregados na ampliación lateral dos pavillóns de chatarras, como prevención de incendios en 1895. Tamén fixo traer de Sevilla a obra de Federico Madrazo, Las Marías en el sepulcro, procedendo á súa restauración por mor do mal estado da tea. A xeneralidade das obras agregadas por doazón ou adquiridas ao fondo artístico do Museo do Prado durante o período do seu mandato pasaron máis tarde a formar parte da colección do Museo de Arte Moderna.

Morte editar

Morreu en 1896, e foi soterrado cemiterio de San Justo de Madrid. Foi un autor moi prolífico, e ao morrer legou a seu fillo máis de cento cadros cos que se levou a cabo unha exposición.[4] O Museo do Prado conserva e ten catalogadas trinta e tres obras de Palmaroli, entre a que poden mencionarse: Los enterramientos de la Moncloa el 3 de mayo de 1808 (1871), Concepción Miramón de Duret, Modelo en el estudio del pintor, o citado Retrato de Amadeu I de Saboia e máis La confesión.[5] No Museo de Xaén, cedido pola pinacoteca, atópase o Martirio de Santa Cristina.

Galería editar

Notas editar

  1. Lafuente (1987); p. 499
  2. 2,0 2,1 Pérez Morandeira, Rosa. "Palmaroli y González, Vicente". museodelprado.es. Consultado o 02-07-2018. 
  3. Preckler (2003), p.262
  4. 4,0 4,1 Fernández San Emeterio, Gerardo. "Palmaroli González, Vicente (1834-1896)". mcnbiografias.com. Consultado o 02-07-2018. 
  5. Biografía y obra en el Prado

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Dicionario de Arte, Pintores do século XIX, Editorial LIBSA, 2001. ISBN 84-7630-842-6.
  • Lafuente Ferrari, Enrique (1987). Breve historia de la pintura española. Arte y Estética II. Madrid: Akal. ISBN 9788476001820. 
  • Pérez Morandeira, Rosa (1971). Vicente Palmiroli. Madrid: Instituto Diego de Velázquez, del Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 84-00-03427-9. 
  • Preckler, Ana María (2003). Historia del arte universal de los siglos XIX y XX I. Madrid: Ed. Complutense. ISBN 84-7491-706-9. 

Outros artigos editar