Vicente Otero Cao

escritor e historiador galego

Vicente Otero Cao, nado na Maciñeira Pequena (O Burgo, Muras) o 9 de febreiro de 1890 e finado en Vilalba o 4 de decembro de 1972, foi un escritor e historiador galego.

Infotaula de personaVicente Otero Cao
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1890 Editar o valor em Wikidata
A Maciñeira Pequena, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Cuba sendo mozo e case analfabeto en 1905. Traballou como dependente de comercio na Habana e Matanzas. Formouse na illa e publicou poemas e colaboracións en Diario Español, La Antorcha Gallega, Galicia, Suevia, La Alborada, Vivero en Cuba e Pro-Galicia. Foi correspondente en Cuba de Heraldo de Vivero, El Eco Murense e El Progreso Murés. Formou parte da directiva da Sociedade Vivero y su Comarca e dirixiu un tempo Vivero en Cuba. Foi secretario de propaganda da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega.

En 1916 regresou a Galicia e instalouse en Vilalba onde abriu un comercio. Foi secretario da Unión Comercial Villalbesa e formou parte da ORGA vilalbesa cando se constituíu en 1930. Na Segunda República militou no Partido Republicano Gallego e foi fundador e administrador de Faro Villalbés. En 1934 foi elixido secretario do comité local de Izquierda Republicana de Vilalba.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de agosto, pero foi posto en liberdade o 8 de decembro. No franquismo foi correspondente de La Voz de Galicia en Vilalba. Finou en Vilalba o 4 de decembro de 1972.[2]

Obras editar

  • Apuntes históricos de la Comarca de Muras, 1953.
  • Pazos señoriales, castillos y fortalezas de la jurisdicción, 1958.
  • Villalba y su Jurisdicción. Paginas historicas, 1958-1963.
  • Páginas del deporte villabés: desde el año 1925 al 1966, 1966.

Vida persoal editar

Casou en Santa María do Burgo (Muras) con Josefa Bouza Vellas en 1917.[3]

Notas editar

  1. Izquierda Republicana. Galicia
  2. La Voz de Galicia, 5-12-1972, p. 14.
  3. El Progreso, 18-9-1917, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar