Vicente Cucarella

masaxista español


Vicente Cucarella Borrás, nado en Barcelona o 12 de xuño de 1908 e finado na Coruña o 8 de outubro de 1983, foi un atleta e masaxista español. Fíxose célebre na Coruña, onde foi masaxista do Deportivo da Coruña durante máis de tres décadas, así como director técnico das diferentes seccións deportivas do club.

Infotaula de personaVicente Cucarella
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1908 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de outubro de 1983 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmassagista (pt) Traducir , Treinador de Força e condicionamento (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nacido en Barcelona pero criado dende pequeno en Valencia,[1] practicou deporte dende novo, destacando no atletismo e formando parte da sección de atletismo do Valencia CF. En 1926, xunto a dous compañeiros do Valencia, Luis Archelós e Manuel Lora, emprendeu unha volta a España a pé, partindo dende Valencia pola costa mediterránea ata Andalucía, continuando logo en dirección norte pola fronteira con Portugal ata Galicia, e de aí cara ao oeste polo litoral cantábrico ata chegar ao punto de partida.[2] Despois de chegar de volta a Valencia, continuaron ata Madrid, onde foron recibidos polo xeneral Primo de Rivera e o rei Afonso XIII.[3] Trala Guerra Civil foi mobilizado e destinado na Coruña.[1]

Coa creación en 1941 da sección de atletismo do Deportivo da Coruña, Cucarella foi nomeado preparador físico e primeiro director técnico das seccións deportivas do club que foron nacendo nos seguintes meses.[4][5] En 1942 conseguiu fichar para a sección de ciclismo a Julián Berrendero, que gañaría ese ano a Volta a España.[6] Tamén en 1942 a Federación Galega de Atletismo nomeouno preparador da selección galega de atletismo,[7] e no Deportivo converteuse en masaxista do equipo de fútbol, labor que realizou durante os seguintes 32 anos. A súa figura con chapeu e fumando puros fíxose célebre entre os afeccionados que asistían a Riazor, que coreaban o seu apelido durante os partidos.[8][9]

Faleceu na Coruña o 8 de outubro de 1983, despois de dous anos con graves problemas circulatorios, e foi soterrado no cemiterio de Feáns.[1]

Vida persoal editar

Casou con Carmen Mateo Capilla e tiveron un fillo, Braulio.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Ayer murió Cucarella". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 9 de outubro de 1983. p. 39. 
  2. "La vuelta a España a pie". El Ideal Gallego (en castelán). 20 de agosto de 1926. p. 1. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  3. "50 aniversario da chegada do globe trotter Vicente Cucarella". Deportivo da Coruña. 22 de agosto de 1976. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  4. "Una sección atlética". El Ideal Gallego (en castelán). 28 de novembro de 1941. p. 4. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  5. "Un club polideportivo durante medio século (1942-1992)". Deportivo da Coruña. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  6. "Berrendero engrosa el equipo ciclista del R.C. Deportivo". El Ideal Gallego (en castelán). 21 de febreiro de 1942. p. 4. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  7. "Nombramiento del preparador del equipo de atletismo". El Ideal Gallego (en castelán). 3 de marzo de 1942. p. 5. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  8. "Cuando el Real Club Deportivo de La Coruña fue segundo en la clasificación por equipos de la vuelta ciclista a España DE 1942" (en castelán). 9 de setembro de 1942. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2021. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  9. "Vicente Cucarella". La Noche (en castelán). 11 de outubro de 1963. p. 5. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  10. "Nuevo practicante". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xuño de 1955. p. 2.