Vetranión

emperador romano entre 350 e 356

Flavio Vetranio Augusto, tamén denominado Vetranión, ou de xeito incorrecto Vetranio ou Vetriano, foi un militar romano que se converteu en emperador romano no 350, e morreu no 356. Pertenceu ao grupo de emperadores que se catalogan como "usurpadores do trono imperial".

Infotaula de personaVetranión

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Vetranio Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Mesia Editar o valor em Wikidata
Morte356 Editar o valor em Wikidata
Bursa Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Emperador romano
1 de marzo de 350 (Gregoriano) – 25 de decembro de 350 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarMagister militum Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Vetranión, naceu na provincia romana de Mesia (actual Serbia)[1] nalgún momento do século III. De moi novo alistouse no exército,[1] onde ascendeu rapidamente até ser nomeado magister militum[2] e posteriormente, gobernador de Iliria onde estivo durante moito tempo, polo emperador Constante.

Durante a diarquía de Constante e Constancio II (augustos ou emperadores da parte occidental e oriental do imperio, respectivamente), Vetranio estaba ao mando das lexións de Iliria e Panonia, cando no 350 Constante foi derrotado e o trono usurpado por Magnencio que se proclamou emperador de Occidente. Aínda que o seu primeiro impulso foi o de escribir a Constancio II para lle garanti-la súa fidelidade e pedir permiso para perseguir e castigar aos rebeldes, foi convencido por Constantina, a irmá máis vella de Constancio e filla de Constantino I, o Grande, para que se proclamara emperador.[3] Probablemente pensaba que Vetranión, considerado un oficial prudente e reputado, podía protexela a ela e a súa familia contra o usurpador mentres Constancio estaba en campaña contra os persas; aínda que autores como Gibbon atribúen a súa ambición a un plan preconcibido.[4] Finalmente, aceptou a púrpura a comezos de marzo de 350 en Sirmium, polo que é considerado un usurpador[5] e, de seguido, cuñou moedas co seu nome e o título de Augusto en lugar do de César.[6] De tódolos xeitos, mandou recado a Constancio de que se subordinaba á súa obediencia.[7] Constancio que estaba en campaña contra os persas e deseaba recobrar a zona occidental en mans de Magnencio, non tivo máis remedio que acepta-la situación[8] e finxiu crer no seu apoio e mandoulle recursos e un diadema.[7] En realidade, a verdadeira importancia da súa pretención ao poder, foi impedir que Magnencio poidera conseguir o apoio das lexións que estaban nos Balcáns e que apoiaron a Vetranión.[9]

A situación complicouse cando Vetranión se uniu a Magnencio e acordaron ofrecer a Constancio unha triarquía a condición do recoñecemento deles dous como augustos, do seu dominio das provincias occidentais e de que deixara as armas. Mais cando Constancio rematou a campaña, foise contra eles, rexeitou as condicións de Magnencio e acordou unha conferencia con Vetranión o 25 de decembro, preto de Sardica (na Mesia superior) para intentar atraelo ao seu bando. Alí, Vetranión, decidiu abdicar do poder que exercera durante pouco menos de dez meses a favor de Constancio,[10] que o tratou con gran consideración e permitiu que se retirara a Prusa ad Olimpum (actual Bursa, Turquía) en Bitinia,[6][11] onde pasou o resto da súa vida, en tranquilidade e profesando a relixión cristiá da que era adepto. Morreu en 356.

Imperio Romano

Segue a:
Constante
Vetranión
Precede a:
Constancio II
Época da Tetrarquía imperial

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Gibbon (1932), p. 589, nota 75
  2. DiMaio, Jr, Michael. "Vetranio". roman-emperors.org. Consultado o 09-12-2018. 
  3. Bajo (1990). p. 26
  4. Gibbon (1932), p. 589
  5. Sayas & Abad (2013).
  6. 6,0 6,1 "Roman Empire, Vetranio - Not so Loyal After All". romanumismatics.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09-09-2018. Consultado o 09-12-2018. 
  7. 7,0 7,1 Martínez del Romero (1843), p. 44
  8. Ferreras (1725), p. 272
  9. Collins (2000), p. 63
  10. Bajo (1990), p. 27
  11. Martínez del Romero (1843), p. 46

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bajo, F. (1990). Constantino y sus sucesores. La conversión del imperio. Col. Historia del mundo antiguo. Nº 59. Madrid: Akal. ISBN 84-7600-560-1. 
  • Collins, Roger (2000). La Europa de la Alta Edad Media (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 84-460-1267-7. 
  • Ferreras, Juan de (1725). Synopsis histórica chronologica de España. Parte segunda. Madrid: Imprenta de don Antonio Pérez de Soto. 
  • Gibbon, Edward (1932). The History of the Decline and Fall of the Roman Empire (en inglés). Nova York: The Modern Library. 
  • Martínez del Romero, A., ed. (1843). Historia universal antigua y moderna formada principalmente con las obras de el conde de Segur, Anquetil y Lesage XIII. Madrid: Establecimiento Central. 
  • Sayas Abengoechea, Juan José; Abad Varela, Manuel (2013). Historia antigua de la península ibérica. II (Época tardoimperial y visigoda). (edición dixital). Madrid: UNED. ISBN 978-84-362-6534-7. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar