Chámase verticilo, en botánica, ao conxunto de tres ou máis follas, pólas ou outros órganos que brotan dun talo no mesmo nivel.

Detalle dun talo de aspérula (Galium odoratum) onde se aprecia a disposición verticilada das follas

Características editar

As follas medran na maioría das plantas seguindo unha espiral moi estirada ao redor do talo, dificilmente reconocible, caso no que se di que a súa disposición é alterna. Algunhas presentan, con todo, follas verticiladas, é dicir, dispostas en verticilos.

Esta disposición é, por outra banda, a máis típica das follas, evolutivamente modificadas, que forman os órganos da flor das anxiospermas.