Verdum, ou Verdun, é un barrio do distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona. Con forma de triángulo, está delimitado polas rúas Artesania, Via Júlia e Via Favència/Ronda de Dalt.

Modelo:Xeografía políticaVerdum
Imaxe

Nomeado en referencia aBatalla de Verdún Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°26′36″N 2°10′30″L / 41.4433, 2.175Coordenadas: 41°26′36″N 2°10′30″L / 41.4433, 2.175
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Distritos (pt) TraducirNou Barris Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación12.865 (2021) Editar o valor em Wikidata (54.282,7 hab./km²)
Xeografía
Superficie23,7 ha Editar o valor em Wikidata

Dúas grandes promocións de edificios deron orixe ao barrio: os Habitatges del Governador, construídos entre 1952 i 1955, de baixa calidade e só 20 metros cadrados cada un, e o polígono da Obra Sindical del Hogar, entidade promotora que tamén edificou o barrio da Trinitat Nova.

Moitas destas vivendas foron reconstruídas posteriormente, nun esforzo do Concello por rehabilitar o barrio. Abriuse a praza de Joan Riera, construíuse un aparcadoiro subterráneo na praza de Francesc Layret, remodelouse a praza Verdum e algunhas rúas convertéronse en zonas para viandantes, como os de Joaquim Valls e Casals e Cuberó.

A denominación Verdum que se lle deu ao barrio provén da cidade francesa de Verdún onde tivo lugar a histórica batalla de Verdún da primeira guerra mundial, e foi en 1919 cando o Concello deu ese nome ao paseo de Verdum.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar