Verba volant scripta manent

Verba volant scripta manent é unha locución latina que significa literalmente "as palabras voan, os escritos permanecen". Esta máxima aconsella prudencia en circunstancias onde poñer algo por escrito podería ser comprometedor e prexudicial nun futuro, sobre todo en asuntos de especial gravidade. Suxire que o que se escribe débese pensar dúas veces, pero tamén que non debemos confiar naquilo que non foi posto nun papel. Resáltase nela a fugacidade das palabras, que se esquecen, fronte á permanencia das cousas escritas.

Pergamiño municipal do ano 1326 do Arquivo Histórico da cidade de Barcelona.

Esta cita semella estar tomada dun discurso de Caio Tito ao senado romano.

Segundo Alberto Manguel[1] no seu libro, esta frase antes significaba xustamente o contrario: louvaba á palabra dita en voz alta, que está viva, en comparación coa silenciosa palabra sobre a páxina, que está inmóbil, morta.

Notas editar

  1. MANGUEL, Alberto: Unha historia da lectura. Barcelona: Random House Mondadori, 2005; páx. 99.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar