Verónica Codesal

cantante belga

Verónica Codesal, nada en Uccle (Bélxica) o 16 de setembro de 1977 é unha cantante galega-belga, membro dos grupos Urban Trad e Ialma.

Infotaula de personaVerónica Codesal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Uccle, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoWorld music Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Participou en
1956Festival de Eurovisión Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1486205 Musicbrainz: 0efe1c76-2f13-414f-8987-beccf46ea259 Discogs: 559419 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de emigrantes de Guitiriz en Bélxica e ela mesma nada e criada aló, Verónica Codesal é profesora do grupo de danza tradicional de Bruxelas Foliada, e vocalista, pandeireteira e gaiteira dos grupos Ialma, Camaxe e Urban Trad. Ten participado nas actividades de Muziekpublique, un organismo que ten por obxectivo promover as músicas do mundo en Bélxica.

Eurovisión editar

Con este conxunto participou no Festival de Eurovisión, na súa edición de 2003, co que se converteu na primeira galega en facelo. Urban Trad, que representou a televisión belga coa canción "Sanomi", composta nun idioma inventado polo grupo, conseguiu 165 puntos, e quedou na segunda praza por detrás de Turquía.

Foi membro activo da Plataforma Nunca Máis en Bruxelas.

En 2023 presentou o seu novo proxecto 100 voltas xunto a Didier Laloy e Damien Chierici, un conxunto de temas con influencias de diversos xéneros e procedencias musicais, e con letras de Rosalía Fernández Rial, Lucía Aldao, Yolanda Castaño, Brais Fernandes etc.[1]

Notas

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar