Chámase Vepsia (en vepsio: Vepsänma) á área na que habita o pobo vepsio. O territorio actual onde habitan os vepsios está entre os lagos Ladoga, Äänisjärv e Valgjärv, onde viven en tres grupos separados. O primeiro, os Äänis- ou grupo do norte está situado en Carelia, preto de Äänisjärv, ao sur de Petroskoi. Estes chámanse así mesmo lüdinik ou lüdilainen. Os vepsios centrais, o grupo máis numeroso, viven na rexión de San Petersburgo da Federación Rusa, no río Oyat. Os vepsios do sur viven na parte máis oriental da rexión de San Petersburgo, no extremo noroccidental da provincia de Vologda, no río Leedjõgi. Os vepsios centrais e do sur teñen contacto infrecuente, e os vepsios do norte están separados deles polo río Süväri e por asentamentos rusos interpostos.

Modelo:Xeografía políticaVepsia

Localización
EstadoRusia
ÓblastsOblast de Vologda (pt) Traducir
Distrito municipalBabayevsky District (en) Traducir
Rural settlement in Russia (en) TraducirVeps National rural settlement (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadaLingua vepsa
lingua rusa Editar o valor em Wikidata

Bandeira de Vepsia

A división xeográfica e administrativa é a razón pola cal tan só uns poucos vepsios (o 0.7 % deles) teñen algunha idea do número e localización dos seus compatriotas. Dende 1928, algúns vapsios do sur, tentando escapar da colectivización, emigrasen á Siberia, onde viven nun pobo na rexión de Kemerovo (85 familias en total). Hai tamén outros grupos de vepsios dispersos polos países da extinta Unión Soviética, sendo Ucraína o país no que máis vepsios habitan, logo de Rusia.