O veo de manivelas[1] ou cegoñal[2] é a árbore de transmisión dunha máquina, que recolle o movemento transmitido polas bielas e cédeo a unha transmisión ou carga. Ten forma de eixo con cóbados e contrapesos que, aplicando o sistema do mecanismo biela-manivela, transforma o movemento rectilíneo alternativo en rotatorio e viceversa.

O veo de manivelas, illado, cos moentes da biela (onde se liga a biela) destacados.
Veo de manivelas (vermello), pistóns (gris) nos seus cilindros (azul) e volante de inercia (negro)

O veo de manivelas é unha parte esencial nos motores alternativos, nos cales o movemento linear dos pistóns dentro dos cilindros transmítese ás bielas e transfórmase nun movemento rotatorio do eixo que, á súa vez, transmítese ás rodas e outros elementos como un volante de inercia. O veo de manivelas é un elemento estrutural do motor.

Normalmente fabrícanse de aliaxes capaces de soportar os esforzos aos que se ven sometidos e poden ter perforacións e condutos para o paso de lubricante. Hai diferentes tipos de veos de manivelas; existen de tres apoios, de cinco apoios etc., dependendo do número de cilindros que teña o motor.

Notas editar

  1. Elisardo López Varela, Antonio Pichel Lorenzo, Emilio Facal Cancela (1992). Vocabulario temático ilustrado: galego, français, español, english. Editorial Galaxia. p. 198. ISBN 84-7154-798-8. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cegoñal.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar