Veneziamestre Rugby
O Veneziamestre Rugby 1986 (por motivos de patrocinio Casinò di Venezia Rugby) é un club de rugby italiano con sede na cidade de Favaro Veneto (Véneto). Actualmente compite no Campionato di Eccellenza, a máxima categoría do rugby italiano.
Nome | Veneziamestre Rugby 1986 | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1986 | ||
Sede | Favaro Veneto, Italia | ||
Estadio(s) | Centro Sportivo Comunale | ||
Capacidade | 600 espectadores espectadores | ||
Presidente | Tommaso Pipitone | ||
Adestrador | Moreno Trevisiol Enrico Ceselin | ||
Capitán | Enrico Bortolato | ||
Liga(s) | Campionato di Eccellenza | ||
2009-10 | 10º | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.veneziamestrerugby.it |
Historia editar
Foi fundado en 1986 logo da fusión de dous clubs da cidade de Venezia, o Venezia RFC (fundado en 1948) e o Rugby Mestre (fundado en 1965). Partindo dende a serie C1, foi ascendendo ata lograr o ascenso ao Super 10 por primeira vez na tempada 2004-05. Ao ano seguinte descendeu, mais volveu ascender na tempada 2006-07. Dende aquela conseguiu manterse na máxima categoría. A pesar de finalizar no último posto da liga na tempada 2009-10, o club non descendeu grazas á saída da competición do Benetton Treviso e do Rugby Viadana, que pasaron a xogar na Magners League na tempada 2010-11.
Palmarés editar
- 2 Serie A: 2005 e 2007
Xogadores destacados editar
- Warwick Taylor (all blacks)
- Ramiro Pez
- Rino Francescato
- Bruno Francescato
- Claudio Torresan
- Denis Dallan
- Manuel Dallan