Vendelín Javorka

Vendelín Javorka, nado o 15 de outubro de 1882 en Ružomberok (Imperio Austrohúngaro) e finado o 24 de marzo de 1966 en Žilina (República Socialista Checoslovaca), foi un xesuíta greco-católico eslovaco, doutor en Filosofía e reitor do Pontificio Colexio Ruso, participante no apostolado ruso e prisioneiro do gulag.

Infotaula de personaVendelín Javorka

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1882 Editar o valor em Wikidata
Ružomberok (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 1966 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Žilina Editar o valor em Wikidata
Reitor
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Comenius de Bratislava Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPontificio Instituto Oriental Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu o 15 de outubro de 1882 en Černová, hoxe parte de Ružomberok, no territorio de Austria-Hungría (hoxe Eslovaquia).[1] O 4 de agosto de 1903 entrou na Compañía de Xesús,[1] e entre 1906 e 1909 estudou na Facultade de Filosofía da Universidade Comenius en Bratislava, e entre 1912 e 1915 na Universidade de Innsbruck, onde se doutorou. O 15 de agosto de 1915 foi ordenado sacerdote en Innsbruck.[1] Durante a primeira guerra mundial foi capelán do exército austrohúngaro.[1] A partir de 1919 foi profesor no Instituto Pedagóxico de Trnava. Por recomendación do superior dos xesuítas Włodzimierz Ledóchowski se trasladou a Roma, onde pasou a dar clases no Pontificio Instituto Oriental. En 1929 foi nomeado primeiro reitor do Pontificio Colexio Ruso.[2]

En 1934 trasladouse a Harbin para traballar no exarcado apostólico que atendía á comunidade de emigrantes rusos de Manchuria.[1] En 1936 trasladouse a Shanghai, exercendo o seu ministerio na igrexa greco-católica de San Nicolao. En 1939 volveu a Roma, ao Russicum.[1]

En 1941 foi enviado a traballar cos católicos de orixe eslava de Romanía, e serviu nas parroquias greco-católicas de Bucovina e foi superior da misión xesuíta de Chernivtsi.[1] O 19 de xuño de 1944 foi arrestado pola NKVD e sentenciado o 12 de decembro de 1945 a 17 anos de prisión no gulag baixo o artigo 58-6 do Código Penal da RSFS de Rusia, por ser "un axente vaticano chegado á URSS para espiar".[1] Foi enviado ao Temlag da RSSA de Mordovia, e en 1954 foi transferido ao Minlag da RSSA dos Komis. Foi liberado por enfermidade o 9 de xaneiro de 1954, e viviu nunha casa para discapacitados en Vorkuta, e en marzo de 1955 foi trasladado a Potma e posteriormente a Abez. En 1956, por petición do seu irmán, Javorka foi trasladado a Eslovaquia. Finou o 24 de marzo de 1966 en Žilina.[1]

Foi rehabilitado en 1989.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Litva, Felix (2001). "JAVORKA, Vendelin". En O'Neill, Charles E. Diccionario histórico de la Compañía de Jesús (en castelán). 3 (Infante de Santiago-Piatkiewicz). Universidade Pontificia Comillas. p. 2142. ISBN 9788484680369. 
  2. Krčméry, Silvester (1998). Break Point: A Personal Account of Brainwashing and the Greater Power of the Gospel. Crossroad. p. 198. ISBN 9780824517700. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Simon, Constantin (2001). Russicum: Pioneers and Witnesses of the Struggle for Christian Unity in Eastern Europe 1. Opere Religiose Russe. OCLC 51969831.