Venancio Vázquez López

industrial e político galego

Venancio Vázquez López, nado en Sarria e finado na mesma vila o 23 de xuño de 1921,[1] foi un industrial e político galego.

Infotaula de personaVenancio Vázquez López

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 1830 Editar o valor em Wikidata
Sarria, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xuño de 1921 Editar o valor em Wikidata (81/91 anos)
Sarria, España Editar o valor em Wikidata
Deputado das Cortes
23 de maio de 1901 – 27 de marzo de 1903
Circunscrición electoral: Madrid
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1859, con 22 anos, instalouse en Madrid e coa axuda do seu tío Matías López López, converteuse nun próspero industrial dedicado á fabricación de chocolates e galletas.[2] A través da Unión Mercantil axudou aos damnificados polo terremoto de Granada en 1884 e especialmente aos de Santa Cruz de Alhama, concello do que foi nomeado fillo adoptivo. Liberal moretista, foi tenente de alcalde de Madrid e foi elixido deputado polo distrito de Madrid nas eleccións de 1901. Foi o primeiro presidente do Centro Gallego de Madrid. Pasou os seis últimos anos de vida en Sarria, acompañado do seu secretario, Federico Culebras.

A súa residencia de verán, un palacete afrancesado coñecido como Vila Aurelia, é a sede da sociedade cultural e recreativa La Unión dende 1931.

Vida persoal editar

 
Vila Aurelia.

Celebrou un casamento con Maria Dores Rodríguez y Cubas. Tivo por fillos a Dores, Guillerme, Anxo e Venancio Vázquez Rodríguez.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. La Integridad, 27-6-1921, p. 2.
  2. El Norte de Galicia, 25-6-1921, p. 1.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar