Venancio Cibeira Rodríguez
Venancio Cibeira Rodríguez, nado en Tui en 1911 e finado no mesmo concello o 9 de decembro de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 Tui, España |
Morte | 9 de decembro de 1936 (24/25 anos) Tui, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria editar
Veciño de Guillarei. Factor na estación ferroviaria do Porriño. Presidente da Sociedade Cultural Recreativa de Guillarei. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi multado a finais de agosto con 500 pesetas pola súa actitude respecto a forza armada. Detido e xulgado en Vigo por rebelión militar o 25 de novembro,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Tui, na explanada traseira do edificio do Instituto o 9 de decembro de 1936 con Brasilino Álvarez Sobrino, Juliano Díez Álvarez, Adelaido Barredo Sueiro, Camilo Carrero Lorenzo, Manuel Vicente Portela, Francisco Lloret Gándara, Antonio Rodríguez Rodríguez, Francisco Fandiño Piñeiro e Manuel Gómez Besada.[2]
Vida persoal editar
Casou en 1935 con Delia Andrés Páramos.[3]
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. p. 163. ISBN 978-84-8341-157-5.
Ligazóns externas editar
- Venancio Cibeira Rodríguez na páxina web Nomes e Voces.