Velimir Perasović

baloncestista croata

Velimir Perasović, nado o 9 de febreiro de 1965 en Split, Croacia (Iugoslavia), é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto. Actualmente é o adestrador do UNICS Kazan.

Velimir Perasović
UNICS Kazan
Información persoal
Nacemento 9 de febreiro de 1965 (59 anos)
Iugoslavia Split, Iugoslavia
Nacionalidade Croacia Croacia
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 94 kg (207 lb)
Posición Escolta
Cargo Adestrador
Información da carreira
Canteira Jugoplastika Split
Internacional Iugoslavia Iugoslavia
Croacia Croacia
Historial de equipos
Como xogador:
Jugoplastika (1985–1992)
Breogán Lugo (1992–1993)
TAU Cerámica (1993–1997)
Fuenlabrada (1997–2002)
Lucentum Alicante (2002–2003)
Como adestrador:
Split (2003–2004)
Caja San Fernando (2004–2005)
TAU Cerámica (2005–2007)
MMT Estudiantes (2007–2008)
Cibona Zagreb (2008–2010)
Efes Pilsen (2010–2011)
Valencia Basket (2012–2015)
Croacia (2015)
Laboral Kutxa Baskonia (2015–2016)
Anadolu Efes (2016−2017)
Kirolbet Baskonia (2018–2019)
UNICS Kazan (2021–presente)

Traxectoria editar

Como xogador editar

Nado na cidade de Split comezou a xogar ao baloncesto aos catorce anos. En 1981 foi recrutado polo KK Split por aquel entón coñecido como Jugoplastika. Durante a súa etapa júnior proclamouse subcampión do Europeo Júnior de seleccións celebrado en Bulgaria en 1982 e dous anos máis tarde conseguiu xunto aos seus compañeiros a medalla de bronce do Europeo Júnior de Suecia.

Coa Jugoplastika conseguiu gañar a Copa de Europa de clubs en 1989 e 1990, e fixo o propio en 1991 cando a denominación do equipo xa cambiara a "Pop 84". Ademais nos anos 1988, 1989, 1990 e 1991 o seu equipo tamén logrou gañar a liga de Iugoslavia. Coa selección absoluta de Iugoslavia Perasović gañou a medalla de ouro no Campionato do Mundo da Arxentina en 1990 e no Europeo de Italia de 1991. Xa formando parte da selección de Croacia, foi subcampión olímpico en Barcelona 1992 e ademais conseguiu a medalla de bronce nos Europeos de Alemaña 93 e Grecia 1995.

En 1992 Perasovic ficha polo club español Breogán de Lugo da liga ACB onde xoga unha tempada, converténdose no máximo anotador da competición. Despois ficha polo TAU Baskonia da mesma competición co cal se proclama campión da Copa do Rei de 1995. En 1997 ficha polo Baloncesto Fuenlabrada onde xoga até o 2002 ano en que se marcha a xogar ao Lucentum Alicante equipo no que poría fin á súa traxectoria como xogador no 2003. Na súa carreira en España gañou cinco veces o premio ao máximo anotador da ACB e participou noutros tantos All Stars. Ademais foi unha vez máximo anotador da Copa Korać.

Etapa como adestrador editar

Tras retirarse como xogador converteuse en director técnico do KK Split antes de volver a España para facerse cargo do banco do Caja San Fernando, onde foi cesado pouco despois. Meses máis tarde, coa tempada 2005-06 xa empezada faise cargo do TAU Cerámica en substitución de Pedro Martínez e fai historia ao converterse no primeiro adestrador, dende que existe a liga ACB, en conseguir gañar unha Copa do Rei tras conquistala previamente como xogador.[1]

Na tempada 2006-07, na que xa lograra gañar a Supercopa sufriu unha anxina de peito mentres dirixía ao seu equipo, o TAU Baskonia nun partido fronte ao Akasvayu Girona polo que se viu forzado a deixar os bancos para recuperarse. A inicios da tempada 2007-08, ficha como adestrador do MMT Estudiantes para facerse cargo dun equipo cuxo rexistro de vitorias até a data era de 1-9.[2] Finalmente tras loitar durante toda a tempada por evitar o descenso, Perasović finaliza a tempada co obxectivo cumprido de salvar ao equipo colexial.[3] Na tempada 2008-09 volve ao seu país natal para fichar por un equipo histórico que atravesaba unha dura crise económica e deportiva: a Cibona de Zagreb co obxectivo de tentar reconducir a mesma desde o posto de primeiro adestrador.[4] Tras dous anos no club, adestra durante unha temporada ao Efes Pilsen, para posteriormente regresar á Liga ACB con Valencia Basket e Saski Baskonia. Desde 2021 adestra ao UNICS Kazan ruso.

Equipos editar

Como xogador editar

Como adestrador editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar