Vela (satélites)

Vela foi unha serie de satélites de recoñecemento dos Estados Unidos para a detección de explosións nucleares na superficie terrestre.[1][2][3][4]

Dous satélites Vela antes do lanzamento.

Características editar

Os satélites Vela foran satélites deseñados para detectar explosións nucleares na superficie terrestre e verificar o tratado de prohibición de probas nucleares atmosféricas de 1963. Houbo dous tipos de satélites Vela: o básico, numerados do 1 ao 6, e os avanzados (Advanced Vela), do 7 ao 12. Lanzáronse entre 1963 e 1970 a bordo de foguetes Atlas Agena D e Titan 3C.[3][4][1][2]

Os Vela básicos estaban construídos por TRW, estabilizábanse mediante xiro a 120 r.p.m. e tiñan forma de poliedro de 20 caras, coas caras recubertas de células solares para producir ata 90 W de potencia. Os satélites eran lanzados de dous en dous, conectados por unha estrutura tubular, e liberados unha vez en órbita. Como instrumentos para detectar explosións nucleares levaban cada un doce detectores de raios X externos e 18 detectores internos para neutróns e raios gamma. As unidades 5 e 6 levaban ademais detectores ópticos.[3][4][1][2]

Os Vela avanzados eran moi similares aos básicos pero con mellor instrumentación. Incorporaban sensores para monitorizar tamén a actividade solar, as tormentas terrestres e as fontes de raios gamma celestes. Os seis Vela avanzados funcionaron durante máis de 10 anos, superando o seu deseño de vida de 18 meses. Os satélites tiñan forma de poliedro de 26 caras e estabilizábanse mediante xiro. As células solares da súa superficie proporcionaban ata 120 W de potencia. Cada satélite tiña unha masa de 63 kg.[3][4][1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[3][4][1][2] Data de lanzamento[3][4][1][2] Foguete lanzador[3][4][1][2] Notas[3][4][1][2]
Vela 1 17 de outubro de 1963 Atlas Agena D Éxito
Vela 2 17 de outubro de 1963 Atlas Agena D Éxito
Vela 3 17 de xullo de 1964 Atlas Agena D Éxito
Vela 4 17 de xullo de 1964 Atlas Agena D Éxito
Vela 5 20 de xullo de 1965 Atlas Agena D Éxito
Vela 6 20 de xullo de 1965 Atlas Agena D Éxito
Vela 7 28 de abril de 1967 Titan-3C Éxito
Vela 8 28 de abril de 1967 Titan-3C Éxito
Vela 9 23 de maio de 1969 Titan-3C Éxito
Vela 10 23 de maio de 1969 Titan-3C Éxito
Vela 11 8 de abril de 1970 Titan-3C Éxito
Vela 12 8 de abril de 1970 Titan-3C Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2022). "Vela" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Mark Wade (2022). "Advanced Vela" (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Vela 1, 2, 3, 4, 5, 6" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Vela 7, 8, 9, 10, 11, 12 (advanced Vela)" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar