Veiga, A Bola

parroquia civil do concello da Bola

San Munio de Veiga é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 300 habitantes (136 mulleres e 1348 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 337 habitantes.

Veiga
Tímpano dunha porta da Igrexa de San Munio de Veiga.
ConcelloA Bola[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°08′15″N 7°55′48″O / 42.137613888889, -7.9301138888889Coordenadas: 42°08′15″N 7°55′48″O / 42.137613888889, -7.9301138888889
Poboación300 hab. (2013)
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

O mosteiro de San Munio de Veiga[2] foi fundado no século IX por San Munio, que está enterrado na súa capela maior[3]. Dependeu das ordes militares de San Xoán de Xerusalén e de Santiago. O templo románico do mosteiro ten imaxinería románica e gótica e unha cruz de esmaltes do século XII. No muro que rodea o adro hai dous relevos dun antigo baldaquino con escenas da Anunciación.

Nun muro da casa reitoral foi atopada unha ara romana adicada a Xúpiter, que se conserva no interior da igrexa parroquial.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Vázquez Castro, J. (2008). San Munio de Veiga. Arte, poder y decadencia en la Orden de Santiago. Ourense: Grupo Francisco de Moure. ISBN 9788493715106. 
  3. Igrexa mosteiral de San Munio de Veiga na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Veiga editar

Lugares da parroquia de Veiga no concello da Bola (Ourense)

Cacabelos | Campo de Veiga | Cerdal | Cirós | Folgoso | Moreiriñas | O Outeiro | Rairigo | San Fiz | A Seara | Tourille | Veiga

Parroquias da Bola editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Bola

Berredo (San Miguel) | Pardavedra (Santiago) | Podentes (Santa María) | San Martiño de Berredo (San Martiño) | Santa Baia de Berredo (Santa Baia) | Sorga (San Mamede) | Soutomel (Santa Locaia) | Veiga (San Munio)


Véxase tamén editar

Outros artigos editar