Veas intercapitulares da man

As veas intercapitulares da man son un conxunto de veas do membro superior humano, pertencentes á man. Forman parte da drenaxe venosa do membro superior. Recollen o sangue da man, da área entre a eminencia tenar e a eminencia hipotenar e transpórtano cara ao antebrazo. Conectan as veas dixitais dorsais e as veas dixitais palmares.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.