A illa Vaigach (en ruso: Вайгач) é unha illa localizada no arquipélago de Nova Zembla, fronte á costa ártica de Siberia, entre o mar de Pechora e o mar de Kara.

Vaygach
Вайга́ч
localización da illa
Situación
PaísRusia Rusia
ÓblastÓblast de Arkhanguelsk
ArquipélagoNova Zembla
MarOcéano Ártico
Coordenadas69°59′49″N 59°34′44″L / 69.99694, -59.57889Coordenadas: 69°59′49″N 59°34′44″L / 69.99694, -59.57889
Xeografía
Superficie3.383 km²
Longura máxima100 km.
Largura máxima45 km.
Punto máis alto170 m. Gora Bolvanskaya
Demografía
CapitalWaigatsch
Poboación100 hab.

A principal peculiaridade da illa Vaigach débese principalmente ao feito de que durante moitos séculos foi a illa sacra dos nenets, á que chamaban «Hebidya Ya», que significa «Terra Santa». De acordo ás súas lendas, era a morada dos seus deuses. Pastores de renos e cazadores visitaban anualmente a illa para facer sacrificios aos poderosos deuses e orar para pedir protección fronte aos inimigos e boa sorte na caza.

Xeografía editar

A illa de Vaigach está separada da península de Yugorsky, no continente, polo estreito de Yugorsky e de Nova Zembla polo estreito de Kara. Administrativamente, a illa é parte de Nenetsia do Óblast de Arjángelsk, de Rusia.

Datos da illa:

  • Superficie: 3.383 km²
  • Lonxitude: 100 km
  • Ancho: ata a 45 km
  • Temperaturas medias: -20 °C (febreiro), 5 °C (xuño)
  • Punto máis alto: 170 m

A illa Vaigach está formada principalmente por lousa arxilosa, areniscas e calcarias. A illa está composta principalmente por pedra calcaria, e a súa elevación sobre o nivel do mar é xeoloxicamente recente. Retortas cristas rochosas corren en xeral ao longo da súa lonxitude e a costa ten cantís baixos nalgúns lugares. As rocas están moi fracturadas polo xeo, pero probablemente polo xeo mariño máis que polo dos glaciares.

Hai moitos ríos (20–40 km de lonxitude), pantanos e pequenos lagos na illa, que no seu maior parte componse de tundra. As praias elevadas son frecuentes.

Na illa atópanse os asentamentos de Vaigach, Dolgaya Guba e Varnek.

Fauna e flora editar

Herbas, brións e plantas con flores árticas son abundantes, pero non hai árbores fóra de ocasionais salgueiros ananos. Os raposos e os lemmings pódense ver de cando en vez. Aínda que non hai moitos animais na illa, as aves se que son moi numerosas, con gran variedade de patos, zancudas etc que son frecuentes en pantanos e lagos.

Reserva Natural editar

En 2007, o Fondo Mundial para a Natureza (WWF) e o goberno ruso aprobaron crear unha reserva natural en illa Vaigach.

Etnografía editar

O nome da illa tradúcese dos nenets como «terra de aluvión». Ata o século XIX, a illa foi un importante santuario da tribo nenets. Houbo ídolos de madeira policefálicos, pintados co sangue de animais sacros, principalmente o reno. Algunhas das súas piras de sacrificio, que consisten en redes de deriva de madeira, cornos de veado e cranios de osos e cervos, foron observados polos viaxeiros. A pesar do seu conversión ao cristianismo, os nenets seguen considerando estas piras con superstición.

A principal peculiaridade da illa Vaigach débese principalmente ao feito de que durante moitos séculos foi a illa sacra dos nenet, á que chamaban «Hebidya Ya», que significa «Terra Santa». De acordo ás súas lendas, era a morada dos seus deuses. Pastores de renos e cazadores visitaban anualmente a illa para facer sacrificios aos deuses poderosos e orar para pedir protección fronte aos inimigos e boa sorte na caza. Cada verán, os nenets visitaban a illa para facer sacrificios rituais. Tiveron que cruzar o estreito de Yugorsky en fráxiles embarcacións ou simplemente en zorras tiradas por renos, nunha travesía bastante complicada debido aos témpanos de xeo e ás fortes mareas e correntes, ata a mediados do verán.

Ata o século XIX ninguén se atreveu a vivir en Vaygach, e só no século XX (durante a época soviética) apareceron asentamentos permanentes: un posto fronteirizo e unha estación de radio, no asentamento Vaigach, ao norte da illa; e Varnek, un asentamento na baía de Lyamchina, na costa suroeste, con menos de 100 habitantes.

Nesta illa estaban os santuarios nenets máis antigos coñecidos, os santuarios dos seus principais deidades, os máis estimados, como Vesako ("O ancián") e Hodako ("a anciá"). (Os "fillos e netos" dos deuses teñen os seus propios santuarios en diferentes partes da tundra continental, desde o mar Branco ao río Ienisei), nos que levantaron enormes ídolos de madeira. Vesako vivía na parte meridional de Vaigach, no cabo Dyakonova. O ídolo de Vesako era unha figura alta de madeira con sete caras, acompañado por un séquito de 400 pequenos ídolos de madeira que representaban aos homes, mulleres e nenos, e tamén preto de 20 estatuas de pedra. Esta era a descrición do principal santuario de Vaigach realizados polos primeiros visitantes europeos.

O capitán inglés Steven Barrow chegou á illa en 1556, e o navegante holandés Willem Barents avistou as súas costas 40 anos máis tarde. Barents menciona que os ídolos de Vaigach tiñan manchados de sangue os ollos e a boca, como alimento que os nenets lles daban co sangue dos renos sacrificados.

O ídolo de Hodako -un bloque de pedra parecido a unha figura humana cunha cabeza apuntada- está montado na parte setentrional de Vaigach, no cabo Bolvansky Nos. Hodako era a nai da Terra e a patroa da caza.

Ademais, o santuario do deus supremo Num estaba na parte central da illa, na montaña Bolshaya Bolvanskaya. E Neve-Hege (a Deusa nai) estaba preto del, nunha profunda hendidura dun cantil. Os europeos descubriron estes dous santuarios moito máis tarde, xa que estaban escondidos lonxe da costa, en zonas de difícil acceso.

Vesako e Hodako tiñan catro fillos que se foron a diferentes puntos da tundra: Nyu-Hegu era adorado preto dunhas pintorescas rocas no sur da illa; Minissei era adorado nun dos picos dos Urais (agora monte Konstantinov Kamen); Yalmal foi cedido a unha pequena península da baía de Obskoya (crese que a península de Yamal descende deste nome); o último lugar sacro era baixo o monte Kozmin na península de Kanin. En todos estes lugares levantáronse ídolos de madeira e tiñan lugar os sacrificios.

En 1898, Borisov, un paisaxista ruso visitou os santuarios de Neve-Hege e Numa no centro de Vaigach. Foi o primeiro europeo en facelo e deixou o seguinte relato:

Logo de cruzar o último obstáculo, o río sacro (Hai-Yaga), dirixímonos cara arriba. Aínda hai neve nalgúns lugares e aínda podía pisala a pesar de que era demasiado fráxil para os renos. pararamos no limiar desta Meca nenet tres millas de distancia antes do principal santuario. Apresúrome a estudar coidadosamente o lugar máis interesante e corro a través dunha gran chea de ídolos entre as rocas. É tan enorme, que requiriría ao redor de 30-40 carros para transportalos a outro lugar. Os ídolos de deuses, especialmente os situados no lado occidental, estaban rodeados por cranios de renos e osos polares. Á beira deles, hai cheas de machadas, coitelos, cadeas, partes de áncoras. O máis probable é que pertenceran aos buques que naufragaron aquí. Numerosos arpóns, fusís e balas tamén se amontoan ao redor. Os Nenets viaxan miles de quilómetros de distancia para sacrificar un reno e espolvorear co seu sangue o santuario... Ollos, orellas, beizos, dos deuses mostran a evidencia de sangue seco.
Borisov.

Por desgraza, hoxe en día, a maioría dos santuarios nenet foron arrasados ou ata devastados. O Archimandrita Veniamin iniciou a súa destrución en 1825, cando fixo unha visita á illa cunha misión ortodoxa e obrigou aos nenets, logo de bautizalos, a queimar o santuario de Vesako. Veniamin puxo unha cruz de madeira nos antigos santuarios. Dez anos máis tarde, erixíronse novos ídolos, non moi lonxe da cruz, e os sacrificios continuaron. Nenets armados (os chamados 'salvaxes nenets') vixiaron a illa contra invasores e se prohibiu estritamente a caza e ata a recollida de flores nas inmediacións dos santuarios e do mesmo xeito que antes, considerouse como unha "illa sacra" ata a revolución de Outubro.

Durante a época soviética a maioría dos singulares monumentos relixiosos neste "baluarte de escurantismo" foron destruídos e as visitas prohibidas. Foi construído un gulag na parte suroccidental de Vaigach, na baía Lyamchin. Os presos extraían alí mineral de zinc.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar