Vassilis Xanthopoulos
Vassilis Xanthopoulos (en grego: Βασίλης Ξανθόπουλος), nado o 29 de abril de 1984 en Marusi, Atenas, é un xogador profesional de baloncesto grego que xoga para o Panionios BC da A1 Ethniki grega. Cunha estatura de 1,88 metros xoga na posición de base.
AEK Atenas – No. 4 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1984 (40 anos) Marusi, Atenas |
Nacionalidade | Grecia |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 93 kg (205 lb) |
Posición | Base |
Liga | A1 Ethniki |
Información da carreira | |
Canteira | Olympiacos |
Carreira | 2002−presente |
Historial de equipos | |
Near East (2002–2004) Panathinaikos (2004–2005) PAOK (2005–2006) Panathinaikos (2006–2007) Panionios (2007–2009) Panellinios (2009–2011) Panionios (2011–2012) Panathinaikos (2012–2013) Obradoiro (2013–2014) Panionios (2014–2015) Aris (2015–2017) AEK Atenas (2017–presente) | |
Premios e galardóns | |
Campión da Euroliga (2007) |
Traxectoria profesional editar
Xanthopoulos medrou xogando nas categorías inferiores do Olympiacos dende o ano 1997. Comezou a xogar coma profesional en 2002, no Near East da liga grega. No ano 2004, Xanthopoulos fichou polo Panathinaikos. En 2005, fichou polo PAOK Tesalónica. En 2006 volveu ó Panathinaikos, onde conseguiu a Tripla Coroa no ano 2007, tras gañar a liga grega, a copa grega, e a Euroliga na mesma tempada. Co Panathinaikos, Xanthopoulos gañou dúas ligas gregas e dúas copas gregas. En 2013, tras pasar polo Panionios en 2009, o Panellinios en 2011, e volver ó Panathinaikos en 2012,[1] fichou polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[2] Posteriormente regresa a Grecia para xogar no Panionios, o Aris Tesalónica e o AEK Atenas.
Notas editar
- ↑ "Euroleague.net PANATHINAIKOS brings back Xanthopoulos.". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2012. Consultado o 08 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Vasilis Xanthopoulos completa la tripleta de bases del Blusens Monbus". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2015. Consultado o 08 de xaneiro de 2015.