Vanwall
Nome completo Vanwall
Bandeira
Baseada en Acton, Londres, Reino Unido
Tempadas en activo 7 (1954-1960)
Número de pilotos
Debut Gran Premio do Reino Unido de 1954
Carreiras 29
Campionatos de Construtores 1 1958
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 9
Pole positions 7
Voltas Rápidas 6
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de Francia de 1960

Vanwall foi un equipo de Fórmula Un que competiu na década de 1950. Fundado por Tony Vandervell, o nome Vanwall era derivado da combinación do nome do propietario do equipo co dos seus rodamentos Thinwall producidos na fábrica de produtos Vandervell en Acton, en Londres. Nun principio presentabase con Ferraris modificados nas carreiras fóra de campionato, Vanwall construíu os seus primeiros coches de carreiras na tempada de 1954. O equipo conseguiu a súa primeira vitoria no Gran Premio do Reino Unido de 1957, con Stirling Moss e Tony Brooks compartindo un VW 5, gañando o equipo a distinción de ser o primeiro coche de fabricación británica en gañar unha carreira do Campionato do Mundo. Vanwall gañou o primeiro Campionato de Construtores en 1958, o que permitiu que Moss e Brooks rematasen en segundo e terceiro lugar na clasificación de pilotos, gañando tres carreiras cada un. A mala saúde de Vandervell significou que 1958 fora a última tempada completa, o equipo participou en varias carreiras nos anos seguintes, pero terminou a súa participación en 1961.

Historia editar

Tony Vandervell foi un dos patrocinadores orixinais de British Racing Motors. A principios de 1950 participou con Ferraris modificados en carreiras de Fórmula Libre baixo o nome "Thinwall Special".

Os primeiros Vanwalls eran coñecidos como Vanwall Specials e foron construídos, para adpatarse aos novos regulamentos da Fórmula 1 en 1954, en Cox Green, Maidenhead. O chasis foi deseñado por Owen Maddock e construído pola Cooper Car Company.

Os motores de dous litros foron deseñados polo enxeñeiro de Norton Leo Kuzmicki, eran esencialmente dous motores de 500cc convertidos nun único motor. O coche foi presentado para o Gran Premio do Reino Unido daquel ano. O desenvolvemento continuou ata que se obtivo un motor de 2´5 litros. Vanwall correu dous anos consecutivos sen moito éxito. Concluíuse que o motor valía, pero o chasis non, polo que contratouse ao novo deseñador de coche Colin Chapman para redeseñar o chasis.

Os novos coches deseñados por Chapman (xunto con Frank Costin, responsable da aerodinámica) mostraronse prometedores en 1956 ao gañar unha carreira non válida para o campionato de F1 en Silverstone. En 1957, Stirling Moss incorporouse como piloto xunto con Tony Brooks e Stuart Lewis-Evans. A primeira vitoria en Fórmula 1 obtivose en Italia e logo en Pescara.

En 1958, o equipo gañou seis carreiras do campionato, Moss (vitorias en Holanda, Portugal e Marrocos) e Brooks (vitorias en Bélxica, Alemaña e Italia), converténdose no primeiro equipo en gañar a copa de construtores da Fórmula 1. O campionato de pilotos dese ano foi non obstante gañado por Mike Hawthorn por un punto sobre Moss. Lamentablemente, durante a última carreira da tempada en Marrocos, Lewis-Evans sufriu feridas mortais nun accidente, falecendo poucos díasdespoís.

A tempada 1958 foi a última na que Vanwall participou en todas as carreiras válidas. Ao final desa tempada Vandervell retirouse por razóns de saude, co que o equipo foi decaendo e xa non gañou mais carreiras.

O último Vanwall en competir foi un coche producido para a Fórmula intercontinental de 1961. Pero cando o público non se interesou na competición, os investimentos cesaron e o coche xa non mellorou.

A Colección Donington ten un exemplo completo de cada modelo, incluíndo o coche con motor traseiro.

 
O cuarto e último, Thinwall Special. Usado entre 1952 e 1954.
 
O añador Vanwall VW5 antes do Gran Premio do Reino Unido de 1957.

Resultados no Campionato Mundial de Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneumáticos Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Puntuación CMC
1954 Vanwall Special Vanwall L-4 P ARX 500 BEL FRA RU ALE SUI ITA ESP non[1] non[1]
  Peter Collins Ret 7
1955 Vanwall VW 55 Vanwall L-4 P ARXG MON 500 BEL HOL RU ITA non[1] non[1]
  Mike Hawthorn Ret Ret
  Ken Wharton 9[2] Ret
  Harry Schell 9[2] Ret
1956 Vanwall VW 2 Vanwall L-4 P ARX MON 500 BEL FRA RU ALE ITA non[1] non[1]
  Maurice Trintignant Ret Ret Ret Ret
  Harry Schell Ret 4 10[2] Ret Ret
  Mike Hawthorn 10[2]
  Colin Chapman NTS
  José Froilán González Ret
  Piero Taruffi Ret
1957 Vanwall VW 5 Vanwall L-4 P ARX MON 500 FRA RU ALE PES ITA non[1] non[1]
  Stirling Moss Ret 1 [2] 5 1 1
  Tony Brooks 2 1[2] 9 Ret 7
  Stuart Lewis-Evans Ret 7 Ret 5 Ret
  Roy Salvadori Ret
1958 Vanwall VW 5 Vanwall L-4 D ARX MON HOL 500 BEL FRA RU ALE POR ITA MAR 48
(57)
1
  Stirling Moss Ret 1 Ret 2 Ret Ret 1 Ret 1
  Tony Brooks Ret Ret 1 Ret 7 1 Ret 1 Ret
  Stuart Lewis-Evans Ret Ret 3 Ret 4 3 Ret Ret
1959 Vanwall VW 59 Vanwall L4 D MON 500 HOL FRA RU ALE POR ITA USA 0 NC
  Tony Brooks Ret
1960 Vanwall VW 11 Vanwall L4 D ARX MON 500 HOL BEL FRA RU POR ITA USA 0 NC
  Tony Brooks Ret

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 O Campionato Mundial de Construtores non se disputo de 1950 a 1957
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Unidade compartida

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar