Na mitoloxía nórdica, os Vanir (tamén chamados Vanes) son deuses da fecundidade e riqueza, en contraposición aos Æsir. Son moi populares entre os labregos. Son divindades pacifistas, de forte caracterización sexual e gran cohesión de grupo.

Ao principio dos tempos, houbo unha guerra entre Ases e Vanes, pero acabaron reconciliándose, tras o correspondinte intercambio de reféns, para asegurarse a boa vontade da outra parte. Crese que, en realidade, esta suposta guerra entre ambos os grupos de deuses da mitoloxía escandinava correspóndese en realidade ao recordo vago e mitificado dun posible conflito relixioso ocorrido no pasado entre os grupos humanos que xa habitaban a península escandinava, coa súa propia relixión (da que os vanes serían o seu último vestixio), e os recentemente chegados xermanos, de marcada relixión indoeuropea.

Os Vanes máis famosos son Njord, o pai dos deuses Vanir e deus do mar, Freyr, deus da fertilidade, e Freia, a deusa do amor e da sexualidade, que viven como reféns entre os Æsir, así como os Ases Hœnir e Mimir son reféns dos Vanes.

Véxase tamén editar