Vangunu é unha illa, que forma parte das Illas Nova Xeorxia nas Illas Salomón. Está situada entre as illas Nova Xeorxia e Nggatokae. Ao norte da illa atópase a Lagoa Marovo, a lagoa de auga salgada máis grande no mundo. A illa ten unha superficie de 509 quilómetros cadrados.

Vangunu
Vangunu desde o espazo
Localización da illa
Situación
PaísIllas Salomón
ProvinciaOccidental
ArquipélagoIllas Nova Xeorxia
MarOcéano Pacífico
Coordenadas8°40′00″S 158°00′00″L / -8.66667, -158.00000
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie509 km²
Longura máxima30 km.
Largura máxima25 km
Punto máis alto1.082 m
Demografía
Poboación2212 (2009)
Densidade4´35 hab./km²

A xente de Vangunu fala a lingua Vangunu e pode dominar a lingua Marovo. Viven principalmente da agricultura de subsistencia e son expertos pescadores.[1] A lagoa é un destino popular para o mergullo.

Notas editar

  1. Robert E. Johannes and Edvard Hviding (2000). Traditional knowledge possessed by the fishers of Marovo Lagoon, Solomon Islands, concerning fish aggregating behaviour (PDF). SPC Traditional Marine Resource Management and Knowledge Information Bulletin No. 12. pp. 22–29. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar