Valeria Luiselli
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Valeria Luiselli, nada na Cidade de México o 16 de agosto de 1983, é unha escritora e ensaísta mexicana. É autora dos libros de ensaios Papeles Falsos (Sexto Piso, 2010) e Los niños perdidos (Sexto Piso, 2016) e das novelas Los ingrávidos (Sexto Piso, 2011) La historia de mis dientes (Sexto Piso, 2013) e Desierto sonoro (Sexto Piso, 2019).[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1983 (40 anos) Cidade de México |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | México |
Educación | Universidade Nacional Autónoma de México Universidade de Columbia UWC Mahindra College (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Cidade de México Nova York |
Ocupación | escritora |
Xénero artístico | Novela e ensaio |
Lingua | Lingua castelá e lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Álvaro Enrigue , divorcio |
Premios
| |
Páxina web | valerialuiselli.com |
Publicou en varios xornais e revistas como Letras Libres, The New York Times, e Dazed & Confused.[4][5][6] A crítica alemá chamouna a nova revelación das letras latinoamericanas.[7] De 2014 a 2016 escribiu a columna «Cartas desde Harlem» no diario El País.
Traxectoria editar
Valeria Luiselli naceu o 16 de agosto de 1983 na Cidade de México e creceu en Costa Rica, Corea do Sur, Suráfrica e a India. Actualmente vive en Nova York coa súa filla e a súa sobriña.[8] É filla do diplomático Cassio Luiselli Fernández quen foi o primeiro embaixador de México en Suráfrica, por esta razón, durante a súa infancia, Valeria coñeceu a Nelson Mandela.[9] Outros referentes familiares foron a súa avoa, que tivo nove fillos e se dedicou a axudar as comunidades indíxenas mexicanas e a súa nai, que se mudou a Chiapas por uns anos para unirse aos zapatistas. É licenciada da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Nacional Autónoma de México. En 2008 estabeleceuse na cidade de Nova York para estudar un doutoramento en literatura comparativa na Universidade de Columbia.
A escritora colaborou como tradutora na Corte migratoria de Nova York para a defensa dos nenos inmigrantes centroamericanos que chegaban aos Estados Unidos, experiencia que plasmou no seu libro Los niños perdidos (Sexto Piso, 2016).[10]
Obra editar
Novela editar
- Los ingrávidos (Sexto Piso, 2011).
- La historia de mis dientes (Sexto Piso, 2013).
- Desierto sonoro, (Sexto Piso, 2019).
Ensaio editar
- Papeles falsos (Sexto Piso, 2010).
- Where You Are, "Swings of Harlem" (Visual Editions, 2013).
- Los niños perdidos. Un ensayo en 40 preguntas (Sexto Piso, 2016).
Recoñecementos editar
A escritora recibiu tres premios:
- Los Angeles Times Book
- American Book[11]
- Fernanda Pivano 2020
Tamén foi nomeada dúas veces para o
- National Book Critics Circle Award
- Kirkus Prize
Ao igual foi honrada co premio “5 Under 35” de National Book Foundation e beneficiaria de Bearing Witness Fellowship of The Art for Justice Fund. No 2016, foi unha das finalistas do National Book Critics Circle Award nos Estados Unidos.
Notas editar
- ↑ http://sextopiso.mx/822-papeles-falsos/
- ↑ http://www.sextopiso.es/828-los-ingravidos/
- ↑ http://sextopiso.mx/6569-la-historia-de-mis-dientes-valeria-luiselli/
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2015. Consultado o 12 de novembro de 2020.
- ↑ http://www.nytimes.com/2009/05/17/nyregion/thecity/17door.html?ref=thecity
- ↑ http://www.dazeddigital.com/artsandculture/article/17761/1/projects-of-happiness
- ↑ http://www.dw.de/los-ingr%C3%A1vidos-de-valeria-luiselli-aclamada-en-berl%C3%ADn/a-16878999
- ↑ "Valeria Luiselli: “Son las voces de mujer las que me activan, me intrigan y me emocionan”". El País.
- ↑ "Copia archivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2014.
- ↑ "Luiselli: "no soporto la literatura moralista"". La Vanguardia.
- ↑ "Valeria Luiselli es la primera mexicana en ganar el American Book Award 2018" (en inglés). 15 de agosto de 2018. Consultado o 13 de maio de 2019.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Artigos en El País
- Artigos en Letras Libres Arquivado 12 de novembro de 2020 en Wayback Machine.