VG-4.4

vía para automóbiles de Lourizán (PO-12) a Ardán

A VG-4.4 ou Variante de Marín[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Lourizán (Pontevedra) e Ardán (Marín); atravesa os concellos de Pontevedra e Marín. Ten unha lonxitude de 13,02 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-12 en Lourizán (Pontevedra) e finaliza nun cruzamento coa PO-551 en Ardán (Marín).

VG-4.4
Variante de Marín
Mapa
Vía para automóbiles VG-4.4
ID antigo
Identificador
TipoloxíaVía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude13,02 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio PO-12  Lourizán
Fin PO-551  Ardán
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

Percorrido editar

Inicia na rotonda das autovías urbanas da PO-11 e PO-12 e autoestrada urbana de PO-11 procede de Pontevedra (dirección norte) e outro de Nó da conexión coa autoestrada de peaxe, AP-9 (dirección leste), na parroquia de Lourizán (concello de Pontevedra), seguindo á ligazón do Casal (concello de Marín) coa estrada EP-0019 contado as direccións, un cara a oeste a Marín e outro cara a leste ao lugar da Armada (mesmo concello). Antes de chegar á seguinte ligazón, atópase o viaduto de Pardavila duns 400 metros, o máis longo desta vía e chegando á ligazón de Pardavila coa estrada PO-313 contado as direccións, un cara a norte a Marín e outro cara a sur a Moaña. Seguindo á ligazón do Campo coa estrada EP-1202 contado as direccións, un cara a norte á parroquia de Seixo (concello de Marín) e outro cara a sur á parroquia do Campo (mesmo concello) e remata na rotonda da estrada PO-551 na parroquia de Ardán, coas direccións, un cara a sur a Bueu e outro cara a norte á parroquia de Seixo (concello de Marín).

Historia editar

As primeiras obras iniciaron en decembro de 2002,[3] e inaugurara varios anos despois, en setembro de 2006[4][5] coa entrada en servizo, o primeiro tramo entre San Xián e Ardán e o segundo tramo entre Lourizán e San Xián, finalmente foi inaugurado en xullo de 2012.[6][7][8]

Treitos editar

Denominación Treito Kms Ano servizo
 VG-4.4   PO-12  Lourizán -  EP-0019  San Xián 4,2 2012[6][7][8]
 VG-4.4   EP-0019  San Xián -  PO-551  Ardán 8,6 2006[4][5]

Notas editar

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "Comienzan las obras de la circunvalación de Marín". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2002. 
  4. 4,0 4,1 "Entran en servicio 8,6 kilómetros de la circunvalación de Marín". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2006. 
  5. 5,0 5,1 "La variante entra en servicio envuelta en las reinvindicaciones vecinales". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2006. 
  6. 6,0 6,1 "A posta en servizo da variante de Marín mellora a mobilidade dos concellos de Pontevedra, Marín, Bueu e Cangas, e facilita os accesos ás praias ao evitar o paso polo núcleo urbano". Consultado o 6 de xullo de 2012. 
  7. 7,0 7,1 "La variante de Marín entra en servicio con el objetivo de captar 9.000 coches al día". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de xullo de 2012. 
  8. 8,0 8,1 "La variante de Marín aspira a captar dos millones de coches". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de xullo de 2012.