Víctor Campio Pereira
Víctor Campio Pereira González, nado en Garabás (Maside) o 15 de xullo de 1928 e finado en Ourense o 24 de xullo de 2018,[1] foi un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xullo de 1928 Garabás, España |
Morte | 24 de xullo de 2018 (90 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria editar
Estudou no seminario de Ourense e fixo a carreira de maxisterio nesa cidade. Nesa época trabou coñecemento co grupo de escritores nucleados ao redor da revista Posío, como Xosé Conde, Antón Tovar ou Pura Vázquez, mais tamén con Faustino Rey Romero. Fixo o servizo militar en Tetuán, onde coñece a Rafael Sánchez Ferlosio, e desa experiencia sairá ao cabo dos anos a súa única novela Baixo o sol do Magreb (1998). Á volta do servizo militar, nos anos cincuenta, participa nunha tertulia no restaurante Zarampallo, en Ourense con Xosé Fernández Ferreiro, Manuel de Dios, Alfonso Pazos, Serafín Gómez Pato, Xosé Corral Díaz e Antón Tovar, cos que crea a revista Xente nova[2].
Traballou como mestre en diversos lugares de Galicia e España, e posteriormente licenciouse en filoloxía hispánica pola Universidade Complutense de Madrid. Dedicouse inicialmente á formación do profesorado, sacou posteriormente praza en secundaria e conseguiu destino en Ourense, onde traballou ata a súa xubilación. Colaborou activamente nas actividades culturais da cidade nos últimos anos da ditadura e na democracia, e escribiu en revistas e xornais locais, e en particular en La Región. Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega no 2010 e membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2011.
Obra editar
Poesía editar
- O ar que nos leva (1987, edición de autor).
- Perdida luz (2000, Follas Novas).
- O aire, a luz e o canto. Poesía reunida 1987-2006 (2008, PEN Clube de Galicia).
- Quince sonetos de amor e once poemas máis (2011, Deputación de Ourense/Xunta de Galicia).
Narrativa editar
- Baixo o sol do Magreb (1998, Deputación de Ourense).
Ensaio editar
- Escritos en do menor (2001).
Obras colectivas editar
- Sete poetas ourensáns (1992).
- Poesía dos aléns (2003).
- Poetas e Narradores nas súas voces. II (2006, Consello da Cultura Galega).
Galardóns editar
Notas editar
- ↑ OBITUARIO "O ar que levou a" Víctor Campio, el poeta de Garabás
- ↑ "Habería que pensar por que non hai máis poesía comprometida", El País, 6/3/2009
- ↑ A Xunta súmase á homenaxe en recoñecemento dos escritores Víctor Campio e Francisco Luís Bernárdez Arquivado 29 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine., Web da Xunta de Galicia, 20/11/2010.
- ↑ "O Carballiño: coñécense os premiados na Insua dos Poetas". Consultado o 2020-04-22.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Ligazóns externas editar
- Víctor Campio Pereira na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.