Vættir (Antigo nórdico; en singular Vættr) ou wights son espíritos da natureza da mitoloxía nórdica. Estes espíritos naturais divídense en distintas familias, incluíndo ós Álfar (elfos), Dvergar (ananos), Jötnar (xigantes), e mesmo deuses, os Æsir e Vanir, que deben ser entendidos como familias prominentes dentro deles. O termo familias (ættir) é a miúdo traducido como 'clans' ou 'razas'. Estas familias relaciónanse e casa con membros doutras, e ás veces tamén con humanos. Sjövættir (espíritos do mar) son gardiáns de augas sagradas. O tomte ou nisse é un vätte solitario que vive nas granxas. Usualmente é benevolente e normalmente axuda á xente, ó contrario que o malicioso illvätte. Por outra banda pode causar moitos males se está anoxado, como matando o gando.