Vána é o nome dun personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, que aparece na súa obra O Silmarillion. É unha das Raíñas dos Valar (as Valier), os seres anxelicais que custodian e gobernan Arda, (o mundo no universo de Tolkien).

Vána tamén é coñecida polo alcume a Sempre Nova. En Élfico Primitivo o seu nome era Banā; en Sindarin Antigo, Bana. A forma Vána está relacionada con palabras como vanya ou vanima, que en Quenya significan 'bela'.

É a irmá máis nova de Yavanna e a esposa de Oromë. Velaquí o que Tolkien escribiu sobre ela: "Todas as flores agroman ao seu paso, e ábrense se olla para elas; e todos os paxaros cantan á súa chegada"[1]. Vive en xardíns cheos de flores douradas e vai a miúdo aos Bosques de Oromë.

Notas editar

  1. J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0-04-823139-8, "Valaquenta", páx. 32