Usuario:Fryant/Proposta de criterios para Artigos Destacados
Na miña opinión, e tamén suxerida por Lmbuga na miña páxina de discusión, fan falla uns criterios mínimos para establecer qué é un artigo destacado, os criterios de elección e promoción ó status de destacado, e os criterios de publicación na Portada. Iso como mínimo.
Polo tanto, resérvome esta páxina para elaborar uns criterios mínimos nos que calquera colaboración, aportación ou suxerencia será benvida. Cando os remate, presentareillos á Comunidade da Galipedia, a ver se lles gustan.
Comezo por enumerar os criterios das Wikipedias da Península excepto o euskara que non o entendo, para despois amosar os da Wikipedia Inglesa, comparalos e finalmente rematarei dando unha proposición de criterios na Galipedia.
Wikipedias peninsulares editar
Español editar
Que é un artigo destacado? editar
Procedimentos editar
Mecanismos de publicación na Portada editar
Portugués editar
Escolla do artigo destacado editar
Dereito ó voto editar
Catalán editar
ca:Viquipèdia:Avaluació d'articles editar
ca:Viquipèdia:Proposta de distinció d'alta qualitat d'un article editar
ca:Viquipèdia:Què és un article de qualitat editar
Asturiano editar
Artigos destacados editar
Aragonés editar
Non existe o artigo destacado, polo tanto non hai criterios.
Inglés editar
Qué é un artigo destacado? editar
en:Wikipedia:Featured article advice editar
Featured articles editar
featured article candidates editar
A miña proposición editar
Introdución editar
A Galipedia xa é unha das referencias na Internet á hora de procurar información en galego sobre moitísimos temas. Pero moitos dos nosos artigos están aínda por ter uns contidos suficientes para consideralos como artigos destacados, así que cómpre ter os mellores artigos, aqueles que xa non é preciso tocalos agás ocasións moi especiais, nunha lista que os identifique. Tamén debería aprobarse un sistema de votación axeitado.
Notas editar
- Estos criterios serven tanto para os artigos destacados en xeral como para os artigos destacados sobre Galiza. A única distinción entre estes será a súa colocación na Portada, que será por estricta orde de elección.
- Deberianse someter os artigos que xa apareceron na Portada a estas normas nunha nova votación.
- Sería preciso muda-lo contido actual da páxina Wikipedia:Artigo Destacado por User:Albert_galiza/Exemplo artigos destacados. Como visión persoal, eliminaría a sección de derradeiros artigos destacados deste deseño, é redundante tendo en conta que aparece unha listaxe embaixo. Tamén sería preciso move-los templates User:Albert galiza/Template:Destacado a Template:Destacado e User:Albert galiza/Template:Artigo destacado a Template:ArtigoDestacado.
- Debería haber unha páxina por cada unha das vindeiras subseccións chamadas como a súa cabeceira.
- Trala aprobación destos criterios e normas, pasariase a amosar unha estreliña na esquina superior dereita de cada artigo destacado.
- En canto se aproben estes criterios, sería preciso iniciar inmediatamente coa selección do Director de Artigos Destacados.
Wikipedia:Que é un artigo destacado? editar
Os artigos destacados son aqueles seleccionados pola comunidade como os mellores artigos producidos na Galipedia. Asemade, deben cumprir uns criterios básicos aprobados por toda a comunidade, e, por suposto, os tres pilares básicos da Wikipedia: un punto de vista neutral, que as súas fontes podan ser consultadas, e que non sexa investigación orixinal, é dicir, que se basee en fontes primarias pero que o artigo non sexa unha. Os criterios básicos son:
- Está ben escrito, é completo, fiábel, neutral e estábel.
- Ben escrito significa que a forma de redacción é entendíbel, cunha boa prosa, ben estruturado e evitando as repeticións, os castelanismos, as formas dialectáis e, por suposto, seguindo a normativa e as opcións preferidas pola RAG en caso de duplicidade na forma escrita dunha palabra.
- Completo significa que están recollidos tódolos feitos e detalles importantes que incumben o artigo sen excepción.
- Fiábel significa que debe estar en todo momento documentado e con fontes e referencias que se poidan consultar. Asemade, tódalas afirmacións que poidan poñerse en dúbida deben estar referenciadas na sección de fontes do artigo. As citas recollidas tamén deben estar referenciadas.
- Neutral significa que o artigo debe estar escrito dun xeito no que non se tome partido por ningún punto de vista. Tódos deben de estar presentes, e, por suposto, referenciados.
- Estábel significa que o artigo non estea constantemente no punto de mira de guerras de edicións, e que o contido do artigo non mude con facilidade cada pouco tempo.
- Cumpre co libro de estilo da Galipedia. Isto inclúe:
- Ten unha sección inicial concisa que serva como introdución o tema do artigo e prepare ó lector para entrar en detalle en vindeiras seccións.
- Un sistema de encabezamentos xerárquicos ben estruturado.
- Un índice de contidos substancial pero non desmesurado.
- Unha maquetación e presentación que axude a que o artigo se entenda con claridade.
- Ten imaxes se o tema pode ilustrarse con imaxes con licenzas compatíbeis coas políticas da Galipedia.
- É dunha lonxitude aceptábel, centrándose no tema principal sen entrar en detalles innecesarios.
Wikipedia:Escolla de artigos destacados editar
Aquí decidimos que artigos poden entrar na categoría Wikipedia:Artigo Destacado. Un artigo destacado debe exemplificar o mellor traballo da Galipedia cumprindo os criterios sobre artigos destacados.
O que propoña un artigo destacado ten que facer un esforzo para asumir obxeccións. Se traballaste no artículo que estas a propoñer, marcao como "auto-nomeación". Por favor, non propoñas máis dun artigo ó mesmo tempo, xa que pode facer dificil un correcto xuízo sobre cada uno. Por favor, responde axeitadamente ás críticas e a aqueles que as fan. Para que o artigo consiga o seu status de destacado, debe ser acadado un consenso sobre o cumprimento dos criterios. Este consenso constrúese a partires dos que propoñen e dos que votan, e o Director de Artigos Destacados (en elección) determina cando o hai. Se, após un mes, as obxeccións consideradas importantes polo Director de Artigos Destacados non foron resolvidas ou non se acaou o consenso para a promoción do artigo, a nomeación quitarase da lista e arquivarase. O Director de Artigos Destacados será quen leve o tempo da proposta, de actualiza-la lista de artigos destacados e de poñe-lo template {{Destacado}} na páxina de discusión dos artigos e a estreliña na esquina superior dereita mediante o template {{ArtigoDestacado}}.
Por favor, le o artigo proposto completamente antes de decidir o teu voto na nomeación.
|
Template:CAD editar
Este artigo é actualmente un candidato a destacado. Un artículo destacado debe servir como demostración dos mellores traballos da Galipedia, e polo tanto agárdase que cumpra varios criterios. Por favor, se queres, |