Ureparapara (tamén coñecida como Parapara para abreviar) é a terceira illa máis grande do Grupo Banks no norte Vanuatu logo de Gaua e Vanua Lava.

Ureparapara
Vista desde satélite
Localización da illa
Situación
PaísVanuatu
ProvinciaTorba
ArquipélagoIllas Banks
MarOcéano Pacífico
Coordenadas13°32′S 167°20′L / -13.533, -167.333
Xeografía
Superficie39 km²
Longura máxima8´3km.
Largura máxima7´7 km.
Punto máis alto764 m. Monte Tow Lap
Demografía
CapitalLeserepla
Poboación437 hab.
Densidade11 hab./km² hab./km²

Xeografía editar

a illa de Ureparapara é un vello cono volcánico invadido polo mar na costa leste, que forma a Baía Divers. A parte desta fendedura na costa, a illa é de forma circular, cun diámetro duns oito quilómetros. A superficie é de 39 km².

Poboación editar

A poboación era de 437 habitantes en 2009.[1]

Hai tres aldeas na illa. A aldea principal é Léar (Leserepla).[2] As outras son Lehali (na costa oeste) e Leqyangle.[3]

Dúas linguas son faladas tradicionalmente na illa, a Löyöp e a Lehali.[4]

Nome editar

O nome Ureparapara reflicte o nome da illa na lingua Mota, lingua que foi elixida polos misioneiros, a finais do século XIX, como o idioma de referencia para a zona.

A illa chámase localmente Noypēypay en Lehali, e Aö en Löyöp..

Historia editar

O primeiro europeo en chegar a Ureparapara foi o explorador español Pedro Fernández de Quirós o 15 de xuño de 1606. Que bautizouna como Pilar de Zaragoza, pero, máis tarde, cartografouse como A nosa Señora de Monserrat Ambos polo seu capelán Frei Martín de Munilla.[5].

Notas editar

  1. Instituto Nacional de Estatística Vanuatu (2009). "2009 Censo Nacional de Poboación e Vivenda: Resumo da versión". 
  2. Vincent Lebot und Pierre Cabalion: Les Kavas de Vanuatu, S. 83
  3. Maffi & Taylor, 1977, "The Mosquitoes Of The Banks And Torres Island Groups Of The South Pacific".
  4. ver tamén Detailed list and map of the Banks and Torres languages.
  5. Kelly, Celsus, O.F.M. La Austrialia del Espiritu Santo. The Journal of Fray Martín de Munilla O.F.M. and other documents relating to the Voyage of Pedro Fernández de Quirós to the South Sea (1605-1606) and the Franciscan Missionary Plan (1617-1627) Cambridge, 1966, p.121.