Uoke é unha deidade presente na mitoloxía rapanui, proveniente das tradicións dos habitantes da Illa de Pascua (Rapa Nui).

Uoke
Deus da destrución
Membro da mitoloxía rapanui
XéneroMasculino
RexiónIlla de Pascua
Grupo étnicoPobo rapanui

Uoke é descrito como un deus da devastación, quen segundo as tradicións, sería o causante da actual xeografía da Illa de Pascua.

Lenda editar

A lenda di que a tierra de Rapa Nui antigamente era moi grande e tan extensa como a mítica terra de Hiva.[1] Daquela, o antigo deus Uoke, dispoñía dun gran poder para afundir e erguer tódalas zonas da terra; acción que realizaba empregando unha grande e mítica panca,[2] coa cal mudaba a superficie da terra, e por conseguinte tamén o antigo territorio de Rapa Nui.

Pero sucedeu que un día, cando Uoke estaba erguendo a terra dende Hiva, ó chegar a Puku-Puhipuhi, quebróuselle a panca, e con iso tamén a superficie da terra. Está foi a razón mítica de que Rapa Nui sexa pequena, xa que só quedaron por riba da auga os cumios dos seus montes, os cales formaron esta illa.

Notas editar

  1. Hancock, Graham (2015). Magicians of the Gods: The Forgotten Wisdom of Earth’s Lost Civilization. Macmillan. ISBN 9781466846067. 
  2. Felbermayer., Federico (1948). Historias y leyendas de la Isla de Pascua. pp. 17–18.