Universidade de Fort Hare

universidade de Suráfrica

A Universidade de Fort Hare (en inglés: University of Fort Hare, en afrikaans: Universiteit van Fort Hare) é unha universidade pública surafricana que se atopa en Alice, en Bhisho e East London.

Universidade de Fort Hare
University of Fort Hare
"Union Hall" na Universidade de Fort Hare.
Datos xerais
LocalizaciónAlice
Fundación1916
Datos actuais
ReitorDumisa Buhle Ntsebeza
Vicerreitor: Sakhela Buhlungu[1]
Alumnos13 331 (2015)
Datos de contacto
Páxina webwww.ufh.ac.za
Facebook: ufh1916 Twitter: ufh1916 Instagram: ufh1916 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Foi unha institución chave na educación superior de africanos negros de 1916 até 1959. Ofrecía unha educación academicamente de estilo occidental a estudantes de toda África subsahariana. Os seus alumnos formaron parte de movementos independentistas e posteriores gobernos de países africanos. Entre os seus alumnos máis salientables atópanse Nelson Mandela, Oliver Tambo, Govan Mbeki ou Mangosuthu Buthelezi.

En 1959, a universidade foi subsumida polo apartheid, pero agora forma parte do sistema de educación surafricano post-apartheid. O campus principal da universidade atópase á beira do río Tyhume ó seu paso pola cidade de Alice (ou Dikeni, en xosa).

Notas editar

  1. "University of Fort Hare appoints Prof Sakhela Buhlungu as new vice chancellor" (Times Media Group). Time Live. Consultado o 9 de novembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar