Unidade Galega (coalición)

coalición electoral entre POG, PSG e PG
Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.[1]

Unidade Galega (UG)
Coalición do PSG, Partido Galeguista e o Partido Obreiro Galego (Galiza)
Dirixentes e organización
LíderFrancisco Fernández del Riego, Camilo Nogueira e Avelino Pousa Antelo
Historia
Fundación1978
Disolución1980
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Socialismo
Federalismo

Historia editar

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino. Grazas a estes resultados a coalición tamén conseguiu dous deputados provinciais[2]. Á parte da alcaldía da Coruña, UG tamén conseguiu as de Cambados, Narón, Rairiz de Veiga, Redondela, As Pontes de García Rodríguez, Touro, Vilaboa e Malpica de Bergantiños.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980, tras o abandono da mesma polo Partido Galeguista.

 
Papeleta de Unidade Galega no Distrito electoral de Pontevedra nas Eleccións xerais de 1979.

Eleccións editar

Eleccións Votos % Deputados/concelleiros Alcaldes
Eleccións xerais de 1979 58.391 5,35% 0 / 350 -
Eleccións municipais de 1979 68.759 6,35% 141 / 4,072 9 / 312

Notas editar

  1. Muruais, Perfecto Conde (1979-01-17). "Unidade Galega, primera coalición galleguista". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-06-14. 
  2. "Galicia: elecciones a Diputación Provincial de A Coruña Lugo Ourense Pontevedra". www.historiaelectoral.com. Consultado o 2020-06-14. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández Baz, Manuel Anxo (2003). A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984). Santiago de Compostela: Laiovento. ISBN 978-8484870210. 
  • Beramendi, Xusto; Núñez Seixas, X.M. (1996). O nacionalismo galego. Colección: Historia de Galicia, nº 18. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 9788489138643.