Unión Deportiva Logroñés

A Unión Deportiva Logroñés é un club de fútbol español da cidade de Logroño, na Rioxa. Foi fundado o 24 de xuño de 2009,[1] tras cambiarlle o nome ao Club Deportivo Varea,[2] e na actualidade xoga na Segunda División.

Logroñés
NomeUnión Deportiva Logroñés
Fundación24 de xuño de 2009 (14 anos)
EstadioLas Gaunas,
Logroño, España
Inauguración28 de febreiro de 2002
Capacidade16.000
PresidenteEspaña Félix Revuelta
AdestradorEspaña Sergio Rodríguez
LigaSegunda División
2019–20 (2ªB – Grupo 2)
Na rede
http://www.uniondeportivalogroñes.es/
Facebook: uniondeportivalogrones Instagram: udlogrones Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Historia editar

O club foi inscrito o 24 de xuño de 2009, tras cambiarlle o nome ao Club Deportivo Varea, que o 31 de maio de 2009 conseguira o ascenso a Segunda División B.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta branquivermella, pantalón negro e medias negras.
  • Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón branco e medias brancas.
  • Terceiro uniforme: Camiseta arlequinada branca e azul, pantalón branco e medias azuis.

Estadio editar

Artigo principal: Estadio Las Gaunas.
 
Vista interior do Estadio Las Gaunas.

O Estadio Municipal Las Gaunas é o estadio de fútbol onde xoga os seus partidos a Unión Deportiva Logroñés. Está situado ao sur de Logroño xunto ao Palacio dos Deportes da Rioxa.

Foi inaugurado o 28 de febreiro de 2002 cun partido amigable entre o Club Deportivo Logroñés e o Deportivo Alavés. Ten capacidade para 16.000 espectadores e as dimensións do terreo de xogo son de 104 × 66 metros. Os asentos son de cor branca e vermella e forman a inscrición Gaunas.

Datos do club editar

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 1 (incluída a 2020/21)
  • Tempadas en 2ªB: 11
  • Tempadas en : 0
  • Mellor posto na liga: 1º (2ªB, tempada 2019/20)

Historial na liga editar

Tempada Categoría Posición
2009/10 2ªB
2010/11 2ªB
2011/12 2ªB
2012/13 2ªB 14º
2013/14 2ªB 11º
2014/15 2ªB
2015/16 2ªB
2016/17 2ªB
2017/18 2ªB
2018/19 2ªB
2019/20 2ªB
2020/21

Xogadores editar

Cadro actual editar

Posto País Xogador
1 POR   Rubio
2 MED   Guira
3 DEF   Garrido
4 MED   Nacho
5 DEF   Molina
6 MED   Aitor Monroy
7 MED   Borrell
8 MED   Gibanel
9 DIA   Diego Cervero
10 MED   Arpón
11 DIA   Popo
Posto País Xogador
12 POR   Pablo
14 MED   Alex
15 DEF   Raúl Torres
16 MED   Iñaki
17 DIA   Osado
18 MED   Gregory
19 DEF   De las Heras
20 DEF   Pepe
21 DEF   Izquierdo
22 MED   Gaspar
23 DIA   Del Moral

Palmarés editar

Non gañou ata o momento ningún torneo.

Filial editar

Artigo principal: Unión Deportiva Logroñés B.

O UD Logroñés conta cun filial, o Unión Deportiva Logroñés B, no Grupo XV de Terceira División. Foi fundado en 2009.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar