Unió Deportiva Atlètica Gramenet

A Unió Deportiva Atlètica Gramenet é un club de fútbol de España, da cidade de Santa Coloma de Gramenet, en Barcelona. Foi fundado en 1923 e actualmente xoga na Terceira División Española, logo de descender en 2011.

Gramenet
NomeUnió Deportiva Atlètica Gramenet Milan
Alcume(s)La Grama
Fundación1923
EstadioNou Camp Municipal de Santa Coloma,
Santa Coloma de Gramenet,
Cataluña, España
Inauguración1994
Capacidade5.000
PresidenteEspaña Rafael Osuna
AdestradorEspaña Toni Díaz
Liga3ª – Grupo 5
2012–13
Na rede
http://www.udagramenet.cat/
Facebook: UDAGramenet Twitter: UDAGramanet Instagram: udagramenet Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Historia editar

A fundación da Unión Deportiva Atlètica Gramenet remóntase a principios dos anos 20, como continuador histórico do FC Gramenet e a Unión Deportiva Colomense.

No campo de Santa Coloma, situado diante da Igrexa vella do pobo, foi onde xogou o FC Gramenet ata a súa desaparición, entre 1928 e 1929.

O FC Gramenet rexistrouse na Federación Catalá en 1924, e a súa equipaxe nesa primeira época era camiseta a raias verticais amarelas e azuis e pantalón azul.

En 1929, despois de que o FC Gramenet desaparecese polas débedas que arrastraba, algúns membros da última xunta fundaron a Unión Deportiva Colomense, que se mantería ata o ano 1942, data na que desapareceu sen que se coñezan os motivos. A primeira xunta da UC Colomense, presidida por Miguel Badosa, alugou os terreos de viñedos onde os socios e afeccionados construíron o Campo do Fondo, que foi a sede deste equipo e do seu sucesor, a Unió Deportiva Atlètica Gramenet ata 1994.

A Unión Deportiva Colomense superou a guerra civil, pero non o novo réxime. Sabemos que se mantivo ata o ano 1942 porque ata aquel ano recibiu anualmente unha subvención para pagar o torneo de verán. No ano 1943, a Fronte de Mocidades -por orde ratificada no Pleno Municipal- incautou o campo para prácticas militares e para que xogase o seu equipo.

Tres anos máis tarde, en 1945, con Pere Casajust como presidente se crea a Unión Deportiva Atlético Gramenet, Unión Deportiva polo Colomense, Atlético polo Baleares e Gramenet polo FC Gramenet. 22 presidentes tivo o club. Algúns duraron escasas semanas, outros moitos anos, un en tres oportunidades diferentes da historia da entidade.

En 1994 inaugurouse o actual Nou Camp Municipal de Santa Coloma, a beiras do río Besòs, onde antes se atopaban os campos da UD Obreros, fusionada coa UDA Gramenet no ano 1995 e o CD Arrabal.

Aproveitando a marcha ao novo campo, a Gramenet anexionouse o CD Milan, que se converteu na Gramenet B. Na Copa do Rei 2004-05 eliminou o Futbol Club Barcelona por 1-0 chegando a cuartos de final tras eliminar a Barça, Levante, Lleida e sendo eliminado polo Betis aínda que con apuros 2-2 na ida e 4-3 na volta.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón vermello e medias brancas.
  • Terceiro uniforme: Camiseta laranxa, pantalón laranxa e medias laranxas.

Estadio editar

Datos do club editar

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 18
  • Tempadas en : 19 (Incluída a 2012/13)
  • Mellor posto na liga: 1º en Segunda B (tempadas 1993-94 e 2000-01)
  • Peor posto na liga: 16º en Segunda B (tempada 2004-05)

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar