Ultrasón

onda mecánica lonxitudinal cunha frecuencia superior a 20,000 Hz, alén da capacidade perceptiva humana

Un ultrasón é unha onda lonxitudinal que se propaga nun medio material cunha frecuencia inferior a 20 Hz denomínase infrasón, e se a súa frecuencia é superior a 20,000 Hz, recibe o nome de ultrasón. Como vimos, estas ondas non provocan sensación auditiva ningunha cando chega ao oído das persoas.

Pero sabemos que algúns animais si son capaces de percibir ultrasóns:

  • Os cans, por exemplo, son quen de percibir ultrasóns con frecuencias que acadan mesmo os 50,000 Hz.
  • Os morcegos poden voar sen chocar con ningún obstáculo, por que emiten ultrasóns, de ata 120,000 Hz, que captan logo de ser reflectidos polos diferentes obxectos que poden estar no camiño do animal.