O udon (うどん; 饂飩?) é un tipo de fideo groso feito de fariña, popular na comida xaponesa. Foi inventado no Xapón no século VI. Este udon orixinal tiña de 6 a 8 mm de diámetro; era unha tortilla plana en forma de "fideo" engadido á sopa de miso.

Udon
饂飩

Udon de tempura.
Tipo Sopa de fideos
Orixe Xapón
Ingredientes
Orixe vexetal Fideos (fariña de trigo)
Caldo (dashi, mollo de soia e mirin)
Cebola de primavera
Relacionados
Similares Bigoli, pici, ramen

Polo xeral, son servidos nun caldo a base de dashi, mollo de soia e mirin. Despois, engádeselles enriba un ou varios ingredientes. Segundo estes ingredientes diferéncianse os distintos tipos de udon. A maioría das variantes adoitan levar negi picado.

O sabor do caldo e os ingredientes adicionais varían de rexión en rexión. Os udon tamén varían de forma e grosor segundo a zona.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Tsuji, Shizuo. (1980). Japanese cooking: A simple Art. Kodansha International/USA, Nova York. ISBN 1568363885