Ubertino da Casale

Ubertino da Casale (Casale Monferrato, 1259 – cara 1330) foi un predicador e teólogo da orde franciscana.

Infotaula de personaUbertino da Casale

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1259 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Casale Monferrato (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1329 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Actividade
Ocupaciónteólogo , escritor , frade Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde Franciscana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Vida editar

Entrou nos franciscanos en 1273 procesando nun mosteiro da provincia de Xénova. Realizou estudos de teoloxía no convento da Santa Croce en Florencia, alí foi alumno de Pietro di Giovanni Olivi e tamén estivo en París durante nove anos. De volta a Italia percorreu como predicador Toscana cos franciscanos espirituais (unha das dúas correntes na que se dividira a Orde, contraposta á Comunidade dos conventuais) e coñeceu á beata Angela da Foligno e o seu círculo de homes e mulleres devotas.

Polo seu apoi ás doutrinas de Gioacchino da Fiore, exministro xeral dos franciscanos convertido en eremita o papa Bieito XI convocouno e ordenoulle que se retirara ao convento della Verna, prohibíndolle tamén predicar.

En 1305, confinado e silenciado, Ubertino escribiu a súa obra principal, Arbor vitae crucifixae Jesu Christi, na cal realizaba unha lectura apocalítica da historia da Igrexa inspirada nas visións de Gioacchino e na espiritualidade de Pietro di Giovanni Olivi. Ubertino daba voz á esperanza, difundida no seu tempo entre os espirituais, nunha época de paz na que a Igrexa sería guiada por un "papa anxélico", un pastor pobre e humilde que restituiría o ministerio papal. Tamén na obra se menciona por vez primeira a lenda da resurección de Francisco de Asís. A obra non foi ben recibida e Ubertino permaneceu incomunicado durante un tempo.

No período 1309-1310, a proposta do médico e teólogo Arnau de Vilanova, o papa Clemente V convocou a Ubertino en Aviñón nun intento de reconciliar ás dúas faccións franciscanas, Ubertino reafirmouse con forza na súa propia posición de absoluta pobreza dos franciscanos, visto como unha nova ofrenta ao papa quedou baixo custodia do cardenal Giacomo Colonna.

O papa Xoán XXII (1316-1334) convocou novamente en 1317 a Ubertino, ordenoulle retirarse a un convento próximo a Liexa, impoñéndolle a marcha da orde franciscana e a asunción do hábito bieito.

En 1322, no contexto da disputa entre os dominicos e os franciscanos acerca da pobreza de Cristo e os apóstolos, Xoán XXII convocou de novo a Ubertino a Aviñón para que lle dera o seu punto de vista. Ubertino afirmoulle que Xesús e os apóstolos eran pobres en termos de propiedades persoais, mais facían uso libremente das cousas que precisaban. Este compromiso non se aceptou no capítulo xeral dos franciscanos que convocara Michele da Cesena, o capítulo abandounou as súas anteriores posicións moderadas e declarou a absoluta pobreza de Xesús Cristo e os apóstolos. No ano 1323 o papa Xoán XXII reaxiu duramente e excomungou aos que sostiveran esta posición publicamente.

Aínda que Ubertino na súa última declaración non asumira esa posición, foi igualmente excomungado en 1325 por difundir o pensamento de Olivi, fuxiu de Aviñón, refuxiándose na corte do emperador Luís o Bávaro, que o acompañou xunto con Michele de Cesena, William de Ockham e Marsilio da Padova, na súa viaxe a Roma en 1328.

Ubertino permaneceu en Italia, animando círculos de espirituais disidentes (Fratres de ministro), e morreu asasinado no ano 1330, segundo a versión dos Fraticelli, herdeiros dos espirituais.

Na literatura editar

Ubertino da Casale é un dos protagonistas principais da novela O nome da rosa de Umberto Eco, presentado como un amigo do protagonista, Guglielmo da Baskerville (personaxe ficticia).