U.K. (grupo musical)

U.K. foi un supergrupo de rock progresivo inglés activo orixinalmente entre 1977 e 1980. A banda foi fundada polo baixista John Wetton e o batería Bill Bruford, que anteriormente foran a sección rítmica de King Crimson, e completouse co violinista e teclista Eddie Jobson, e o guitarrista Allan Holdsworth. Bruford e Holdsworth marcharon en 1978, sendo o primeiro substituído por Terry Bozzio.[1] Jobson, Wetton e Bozzio reformaron U.K. para unha xira muncial en 2012.[2]

U.K.
OrixeInglaterra Inglaterra
Período1977 - 1980
2011 - 2015
Xénero(s)rock progresivo, jazz fusion, art rock
Selo(s) discográfico(s)E.G., Polydor, Virgin
Antigos membrosEddie Jobson
John Wetton
Allan Holdsworth
Bill Bruford
Terry Bozzio
Artistas relacionadosKing Crimson, Roxy Music
Na rede
Spotify: 64vNIhiqTanqaY1VJucSAS Last fm: UK Musicbrainz: 6b8dd132-4321-434e-bd6e-b4074a57f91f Songkick: 283540 Discogs: 414471 Allmusic: mn0000214383 Deezer: 101016 Genius: Uk Editar o valor em Wikidata

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
U.K. 1978 E.G. Records
Danger Money 1979 E.G. Records/Polydor Records

Notas editar

  1. "U.K. Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-19. 
  2. "UK 1st gig in 32 years!!". terrybozzio.com. Consultado o 2022-12-19.