Tyronn Lue

baloncestista estadounidense

Tyronn Jamar Lue, nado o 3 de maio de 1977 en Mexico, Missouri, é un ex xogador norteamericano de baloncesto profesional e actual adestrador dos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).

Tyronn Lue
Posición Base
Dorsal 10
Altura 1,83 m (6 ft 0 in)
Peso oficial 79 kg (175 lb)
Nacemento 3 de maio de 1977 (46 anos)
Mexico, MO
Carreira
Universidade Nebraska
NBA Draft 1998 / Rolda: 1 / Elección: 23
Por Denver Nuggets
Tempadas 19982009
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     4 710
Rebotes     943
Asistencias     1 727
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • Ningún premio notable

Traxectoria editar

Universidade editar

Durante tres anos xogou na Universidade de Nebraska, onde rematou sendo o terceiro xogador con máis asistencias dos Cornhuskers de toda a historia. Promediou 15,9 puntos, 4,4 asistencias e 3,4 rebotes por partido.

NBA editar

Foi elixido na 23ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Denver Nuggets, pero foi traspasado ao intre, xunto con Tony Battie a Los Angeles Lakers a cambio de Nick Van Exel. Nos seus 3 primeiros anos nos Lakers apenas puido xogar debido ás lesións, pero en 2001 foi unha peza chave nos playoffs da NBA, sendo usado pola súa rapidez para frear á estrela do equipo dos Sixers Allen Iverson, conseguindo o seu ata agora único anel de campión da NBA.

Ao remate desa tempada foi traspasado aos Washington Wizards, onde permaneceu 2 tempadas, antes de pasar polos Orlando Magic e os Houston Rockets, para acabar establecéndose nos Atlanta Hawks, onde disputou 3 tempadas con eles.

O 16 de febreiro de 2008 foi traspasado aos Sacramento Kings xunto con Shelden Williams, Anthony Johnson, Lorenzen Wright e un segunda rolda do draft de 2008 a cambio do base Mike Bibby. Tras ser cortado a principios de marzo, o base fichou polos Dallas Mavericks.[1] O 17 de xullo de 2008 asinou cos Milwaukee Bucks.[2]

O 5 de febreiro de 2009 foi traspasado a Orlando Magic a cambio de Keith Bogans e diñeiro.[3]

Logros persoais editar

  • Campión da NBA en 2001
  • Segundo mellor anotador de triplas en 2006

Notas editar

  1. Eddie Sefko, Tyronn Lue on way to Dallas Mavericks Arquivado 12 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., Dallas News
  2. "BUCKS: Bucks sign Tyronn Lue and Malik Allen". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2009. Consultado o 10 de outubro de 2009. 
  3. [1] Orlando Magic trade Keith Bogans for former Magic guard Tyronn Lue

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar