Twisted Sister é unha banda estadounidense de heavy metal formada en Long Island, Nova York en 1972. Musicalmente, o grupo interpreta elementos de bandas de heavy metal tradicional, como Iron Maiden e Judas Priest, xunto cun estilo hard rock semellante ao de AC/DC. Aínda que a aparencia cross-dressed dos membros da banda parece vinculalos co movemento glam metal dos 80, o agresivo estilo musical da banda foi acompañado dun máis grotesco uso de maquillaxe e roupa de muller, resultando nun produto moi distinto da androxinia máis hedonista dos grupos de glam metal como Mötley Crüe e Poison.

Twisted Sister
OrixeNova York,
Período1972 - 1987
1997 - actualidade
Xénero(s)heavy metal, hard rock
Selo(s) discográfico(s)Secret, Atlantic, Spitfire, Razor & Tie
MembrosJay Jay French
Eddie "Fingers" Ojeda
Dee Snider
Mark "The Animal" Mendoza
Antigos membrosKenny Neill
Mel Anderson
Michael O'Neill
Billy Stiger
Keith Angelino
Frank Karuba
Kevin John Grace
Tony Petri
Ritchie Teeter
Joey Brighton
Walt Woodward III
Joey Franco
A. J. Pero
Na rede
twistedsister.com
IMDB: nm2430822 Facebook: 138018010313 Twitter: TwistedSisterNY Instagram: twistedsisterofficial MySpace: twistedsister Youtube: UCRay0Axn67v8-nm6n91uBsg Spotify: 7b85ve82Sh36a3UAx74wut iTunes: 149786 Last fm: Twisted+Sister Musicbrainz: c6122fee-089f-41c4-a34f-e5f7e5607b05 Songkick: 238544 Discogs: 253057 Allmusic: mn0000165663 Deezer: 3004 Genius: Twisted-sister Editar o valor em Wikidata

Aínda que a banda foi creada polo guitarrista Jay Jay French en decembro de 1972, todos os seus temas foron compostos por Dee Snider de 1976 en diante. Snider díxolle a David Letterman que o nome proposto para a banda fora "This" (isto), pero que foi rexeitado por medo a que os seareiros dixesen "This sucks" (isto apesta). Snider describe a Twisted Sister como "Slade coñecendo aos Sex Pistols". As cancións máis famosas da banda son "We're Not Gonna Take It" e "I Wanna Rock", ámbalas dúas popularizadas nos Estados Unidos por aparecer regularmente na MTV nos anos 80.

Discografía editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar