Twin Peaks é unha serie televisiva dirixida e producida por Mark Frost e David Lynch, interpretada por Kyle MacLachlan, Warren Frost, Everett McGill, Jack Nance e Ray Wise entre outros.[1] Rodada en inglés, a serie consta de 48 episodios de entre 46 e 50 minutos cada un, distribuídos en tres temporadas. Gañadora de tres Globos de Ouro e outros seis premios, foi aclamada pola prensa e o público dende a súa estrea nos Estados Unidos de América, o 8 de abril de 1990, até o último capítulo da segunda temporada, emitido o 28 de xuño de 1991. En España emitiuse por primeira vez no ano 1991.

Twin Peaks
FormatoMisterio
Suspense psicolóxico
Sobrenatural
Drama
Creado porDavid Lynch
Mark Frost
IntérpretesKyle MacLachlan
Michael Ontkean
Mädchen Amick
Dana Ashbrook
Richard Beymer
Lara Flynn Boyle
Sherilyn Fenn
Sheryl Lee
Tema de apertura"Falling (Twin Peaks Theme)"
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas3
Episodios48
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Mark Frost
David Lynch
Duración46–50 min.
DistribuidorRepublic Pictures
CBS Television Distribution
Emisión orixinal
Canle de orixeABC
Primeiro episodio8 de abril de 1990
Derradeiro episodio10 de xuño de 1991 (segunda temporada)
Cronoloxía
Seguido porTwin Peaks: Fire Walk with Me
Na rede
http://www.cbs.com/shows/twin_peaks/
IMDB: tt0098936 Allocine: 536 Rottentomatoes: tv/twin_peaks Metacritic: tv/twin-peaks TV.com: shows/twin-peaks Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

No ano 1992, David Lynch dirixiu o filme Twin Peaks: Fire Walk with Me, unha precuela de todo o que sucede na serie, centrandose na derradeira semana de vida de Laura Palmer.

O 6 de outubro de 2014, confirmouse que a serie voltará con nove novos capítulos, logo ampliados a dezaoito,[2] a comezos de 2016 na canle Showtime. Todos os episodios serán escritos polos creadores David Lynch e Mark Frost, con Lynch como director.[3]

Sinopse editar

Esta serie amosa o transcurso dunha investigación do FBI dirixida polo Axente Especial Dale Cooper (Kyle MacLachlan) verbo do asasinato dunha moza de Twin Peaks, Laura Palmer. Outros personaxes relevantes son Leland Palmer, o pai da moza asasinada; o Shérif Harry S. Truman; o Doutor William Hayward e a súa filla, Donna Hayward; Benjamin Horne, o dono do Gran Hotel do Norte; o Grande Ed Hurley, dono da gasolineira; Margaret Lanterman, a muller do madeiro e Bob, un espírito malvado que actúa no nome da Casa Negra. Todos estes personaxes configuran unha trama policíaca e dramática con momentos dunha grandísima tensión.

Notas editar